Novas

Estreamos a nova web da FGTM

A nova web da Federación Galega de Tenis de Mesa xa está en funcionamento. Ademais de informar, www.fgtm.es é agora a plataforma dende a que xestionamos a tempada: licenzas, competicións, arbitraxes e facturación nun mesmo sitio.

Que hai de novo?

  • Ligas ao día. Clasificacións, xornadas, resultados, actas, calendarios e rankings.
  • Clubs e equipos. Directorio de clubs e equipos inscritos na tempada.
  • Área privada para clubs. Cada club pode tramitar as súas licenzas, descargar carnés e certificados, consultar as súas facturas, rexistrar resultados e solicitar cambios de encontro ou árbitro oficial.
  • Área para árbitros. Partidos designados e actas en liña.
  • Toda a documentación nun sitio. Noticias, circulares, descargas, Portal de Transparencia e procesos electorais.

Titoriais paso a paso

Para facilitar os trámites a clubs e árbitros, preparamos unha serie de titoriais en PDF, con capturas paso a paso, sobre os procesos principais da plataforma:

Os titoriais están sempre dispoñibles no menú «Titoriais» da parte superior da web, e iremos engadindo novos a medida que se incorporen máis procesos.

Esta é unha primeira versión e seguirá medrando. Se atopades algún erro ou tedes suxestións, escribídenos a secretaria@fgtm.es.

Novas

Dimisión Presidenta Comisión Xestora

Comunícase a dimisión da Presidenta da Comisión Xestora no día de hoxe.