FGTM

Competicións

Competicións

Liga MalovTM · 1ª xornada

Grupos e horarios definitivos

Xa están dispoñibles os grupos e os horarios definitivos da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27.

A xornada disputarase o domingo 8 de novembro no Pavillón de Oroso, en Sigueiro, e comezará ás 16:00 h.

Dirixirá a xornada o xuíz árbitro Manuel Carrasco López.

Grupos e horarios provisionais

Xa están dispoñibles os grupos e os horarios provisionais da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27, que se disputará o domingo 8 de novembro ás 16:00 h no Pavillón de Oroso, en Sigueiro.

Aínda é posible inscribirse fóra de prazo, con recargo, ata mañá, sábado 7 de novembro ás 14:00 h.

Lista provisional de inscritos

Rematou o prazo ordinario de inscrición da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27. Xa está dispoñible a lista provisional de inscritos.

Aínda é posible inscribirse fóra de prazo, con recargo, ata o sábado 7 de novembro ás 14:00 h.

Aberta a inscrición

A primeira xornada da Liga MalovTM 26/27 disputarase o domingo 8 de novembro ás 16:00 h no Pavillón de Oroso, en Sigueiro.

Os clubs xa poden inscribir os seus xogadores dende a área privada da web, ata o luns 2 de novembro ás 14:00 h.

Cotas por xornada: gratuíta para os nados en 2017 ou despois, 1,50 € para os nados entre 2009 e 2016 e 2 € para os nados en 2008 ou antes. A inscrición confírmase ao pagar a factura que emite a FGTM.

Toda a información está na Circular nº 6 BIS 26/27.

Competicións

Torneo Preestatal 26/27

Convocatoria de selección de árbitros para Torneo Preestatal

Publícase a convocatoria de selección de árbitros para actuar no Torneo Preestatal 26/27, que se celebrará do 5 ao 7 de decembro de 2026 no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.

Poden presentar a súa solicitude os árbitros con licenza en vigor na tempada 26/27, a través da web, dende a súa área de árbitro, no apartado Torneos. Alí poden marcar as quendas (mañá ou tarde de cada día) nas que poden arbitrar.

O prazo de inscrición remata o venres 20 de novembro de 2026 ás 14:00 h.

Apertura do prazo para inscricións

Do 5 ao 7 de decembro de 2026, o Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra acollerá o Torneo Preestatal 26/27, a cita na que se deciden as prazas de Galicia para o Torneo Estatal. Haberá 89 prazas en xogo, repartidas entre as categorías inferiores (de benxamín a sub-21), sénior, veteranos (de +40 a +70) e adaptado (de pé, cadeira de rodas e discapacidade intelectual).

Cada xogador pode inscribirse nunha soa categoría de idade; os deportistas con discapacidade poden facelo, ademais da proba de adaptado, na categoría correspondente a súa idade. Quen consiga praza cunha licenza C, G ou X terá que tramitar despois a licenza nacional A ou B para xogar o Torneo Estatal.

As inscricións poden realizarse a través do panel privado de cada club ata o 17 de novembro ás 14:00 horas, e están abertas a quen teña licenza federativa tipo A, B, C, G ou X.

A taxa de inscrición é de 20 € en sénior, veteranos e sub-21, e de 16 € no resto de categorías. A FGTM enviará a factura a cada club ao rematar o prazo, así que non hai que pagar nada antes. As inscricións fóra de prazo pagan o dobre.

Tedes toda a información na Circular nº 11. Animamos a todos os clubs a inscribir os seus deportistas e a vir a Pontevedra a loitar por unha praza no Estatal!

Competicións

Liga galega de veteranos 2026/2027

Calendarios provisionais

Publícanse os calendarios provisionais de cada un dos grupos da Liga Galega de Veteranos.

Ábrese un prazo ata o xoves 5 de novembro ás 14:00 horas para propoñer cambios no calendario, enviando un correo a ligas@fgtm.es.

Lembramos que estes calendarios propóñense como unha guía inicial, pero os equipos implicados podedes cambiar a data ou o lugar dos encontros de común acordo, sen necesidade de aprobación por parte da FGTM.

Grupos definitivos da Liga Galega de Veteranos e solicitude de sedes

Publícase a distribución definitiva de grupos da Liga Galega de Veteranos.

Os clubs que o desexen poderán solicitar ser sede dunha concentración para xogar os encontros necesarios, enviando un correo a ligas@fgtm.es no que indiquen o local, o número de mesas dispoñibles, os horarios e as datas.

Poderán solicitarse sedes ata o sábado 31 de outubro ás 14:00 horas.

Datas dispoñibles:

  • 19 e 20 de decembro de 2026
  • 6 e 7 de febreiro de 2027
  • 13 e 14 de febreiro de 2027
  • 27 e 28 de febreiro de 2027
  • 20 e 21 de marzo de 2027
  • 27 e 28 de marzo de 2027

O resto dos encontros poderán xogarse na data e no lugar que acorden os equipos.

Listado provisional de equipos da Liga Galega de Veteranos con distribución en grupos.

Publícase proposta provisional de distribución de grupos para a liga galega de Veteranos 2026/2027.
Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas por mail a ligas@fgtm.es , ata o mércores 14 de Outubro ás 14:00 horas.

Informamos a todos os clubs de que se amplía o prazo de inscrición para a Liga Galega de Veteranos correspondente á tempada 2026/2027.

  • Nova data límite: Sábado, 10 de outubro de 2026 ás 14:00 h
  • A inscrición debe realizarse a través do formulario en liña (Google Sheets) correspondente a cada club.
  • É imprescindible enviar o xustificante de pagamento bancario a tesoreria@fgtm.es antes do remate do prazo para que a inscrición sexa admitida.
  • Cotas de inscrición: 20 € para o primeiro equipo e 15 € para o segundo e posteriores.
Competicións

Liga Galega de Idades

Ampliación do prazo de inscrición de equipos

Informamos a todos os clubs de que se amplía o prazo de inscrición de equipos na Liga Galega de Idades correspondente á tempada 2026/2027.

  • Nova data límite: venres, 6 de novembro de 2026 ás 14:00 h.
  • A inscrición faise desde a área privada do club na web (Equipos → Nova inscrición), elixindo a categoría de idade de cada equipo.
  • Cota de inscrición: 25 € por equipo. Rematado o prazo, a FGTM enviará a factura correspondente; prégase non facer ningún pagamento ata recibila.

Toda a información está na Circular nº 9 26/27.

Competicións

Liga 3ª Nacional 26/27

Calendarios definitivos

Ampliación do prazo para propostas de cambio sobre os calendarios

Amplíase o prazo para enviar suxestións ou propostas de cambio sobre os calendarios provisionais ata o sábado 3 de outubro ás 14:00 horas.

Por favor, revisade a última versión do calendario, prestando especial atención:

  • Ás horas dos partidos.
  • Ó lugar de celebración.

Se detectades algún erro ou tedes que facer algunha proposta de cambio, podedes comunicalo no correo ligas@fgtm.es dentro do prazo indicado.

Listado definitivo de equipos 3ª División Nacional Masculina con distribución en grupos.

Publícanse proposta de distribución de grupos para a liga de 1ª División Galega Masculina.

Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas, ata o mércores 2 de Setembro ás 14:00 horas, sempre que:

   - Sexan enviadas por mail a ligas@fgtm.es

   - Se faga unha distribución global de toda a categoría, non valen solucións parciais.

   - Se respete o número de equipos por grupos da categoría.

Competicións

Liga 1ª Galega 26/27

Calendarios definitivos

Ampliación do prazo para propostas de cambio sobre os calendarios

Amplíase o prazo para enviar suxestións ou propostas de cambio sobre os calendarios provisionais ata o sábado 3 de outubro ás 14:00 horas.

Por favor, revisade a última versión do calendario, prestando especial atención:

  • Ás horas dos partidos.
  • Ó lugar de celebración.

Se detectades algún erro ou tedes que facer algunha proposta de cambio, podedes comunicalo no correo ligas@fgtm.es dentro do prazo indicado.

Listado definitivo de equipos 1ª División Galega con distribución en grupos.

Publícanse proposta de distribución de grupos para a liga de 1ª División Galega Masculina.

Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas, ata o mércores 2 de Setembro ás 14:00 horas, sempre que:

   - Sexan enviadas por mail a ligas@fgtm.es

   - Se faga unha distribución global de toda a categoría, non valen solucións parciais.

   - Se respete o número de equipos por grupos da categoría.

Competicións

2ª Galega 26/27

Calendarios definitivos

Ampliación do prazo para propostas de cambio sobre os calendarios

Amplíase o prazo para enviar suxestións ou propostas de cambio sobre os calendarios provisionais ata o sábado 3 de outubro ás 14:00 horas.

Por favor, revisade a última versión do calendario, prestando especial atención:

  • Ás horas dos partidos.
  • Ó lugar de celebración.

Se detectades algún erro ou tedes que facer algunha proposta de cambio, podedes comunicalo no correo ligas@fgtm.es dentro do prazo indicado.

Listado definitivo de equipos 2ª División Galega con distribución en grupos.

Publícanse proposta de distribución de grupos para a liga de 1ª División Galega Masculina.

Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas, ata o venres 4 de Setembro ás 14:00 horas, sempre que:

   - Sexan enviadas por mail a ligas@fgtm.es

   - Se faga unha distribución global de toda a categoría, non valen solucións parciais.

   - Se respete o número de equipos por grupos da categoría.

Competicións

Torneo Interterritorial 2026

Os dias 4,5 e 6 de Setembro celebrouse no Polideportivo Los Rosales en Móstoles o Torneo Interterritorial 2026, o primeiro torneo nacional da tempada, que serve de punto de referencia para ver como están os deportistas de cara o inicio das ligas.

Nosos atletas tiveron unha concentración previa o dia 3 no pabillón Juanito Amigo en Sigüeiro, para viaxar o dia 4 ata Móstoles.

12 seleccións de 11 Federacións Autonómicas competiron de forma individual e tamén acumulando puntos para a súa selección, nas 5 categorías (Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil) tanto masculinas coma femininas.

Galicia competiu nas seguintes categorias cos resultados:

Resultados Individuais
Benxamin Masculino (Jiamin Guo Chen, TM Finisterre): 5º Posto
Alevín Masculino (Martiño Ramilo, Mos TM): 12º Posto.
Infantil Masculino (Saúl Pallarés, CM San Amaro): 9º Posto.
Infantil Feminino (Valeria Piñón, CTM Cidade de Narón): 4º Posto
Cadete Masculino (Matias Grabiel Bentancor, TM Monteporreiro): 5º Posto.
Cadete Feminino (Teresa Carrasco, Illas Cies TM): 1º Posto.
Xuvenil Masculino (Alexander Malov, Oroso TM): 2º Posto.
Xuvenil Feminino (Candela Montero, CTM Cidade de Narón): 4º Posto.
Xuvenil Feminino (Lucía Saura, CTM Cidade de Narón): 9º Posto.

Con 307 puntos no global, a Federación Galega acadou o quinto posto, por detrás das dúas seleccións da anfitriona Madrid, Andalucía e Castilla e León.