Tempada 2026/27

Últimas novidades

Novas

A Deputación da Coruña abre a inscrición no II Programa de Formación para Entidades Deportivas de Base

Dende a Federación Galega de Tenis de Mesa queremos facernos eco da II edición do Programa de Formación para Entidades Deportivas de Base, promovido pola Deputación da Coruña. A formación está dirixida a clubs, adestradores e demais persoas vinculadas ao deporte de base da provincia.

O programa inclúe cinco xornadas formativas e dez ponencias sobre saúde, adestramento, benestar emocional, normativa deportiva e xestión das entidades.

A primeira xornada: venres 13 de novembro, en Noia

Será presencial, no edificio do casino, e nela impartiranse dúas formacións:

  • Soporte vital básico para persoas adestradoras, con Roberto Barcala: técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA).
  • Regulación emocional para persoas adestradoras, con Manuel Isorna: a importancia da xestión emocional no acompañamento ás persoas deportistas e na creación de contornas deportivas saudables.

Animamos aos clubs e técnicos do tenis de mesa galego, especialmente aos da provincia da Coruña, a aproveitar esta oportunidade de formación.

Inscrición: formulario de inscrición

Novas

Sasha Malov, ouro en dobres e dúas medallas máis nas dúas citas do WTT Youth en Podgorica

O noso xogador Sasha Malov viviu unha semana de ouro en Podgorica (Montenegro), onde competiu en dous torneos consecutivos do circuíto WTT Youth e conseguiu tres medallas.

WTT Youth Star Contender (7-9 de novembro)

Ouro no dobre masculino sub-15. Xunto ao seu compañeiro Marcos Gómez, Malov proclamouse campión tras vencer na final por 3-2 á parella formada polo húngaro Simon Zsigmond e o sueco Joel Isaksson.

Bronce no dobre mixto sub-15. Con Sophia Pichler, de Austria, chegou ata as semifinais, tras vencer por 3-0 a Zsigmond e Fegyver en cuartos. Caeron por 1-3 ante os franceses Marin Jean e Lisa Zhao, que logo gañaron o título.

WTT Youth Contender (3-6 de novembro)

Bronce no individual sub-19. Malov abriu o cadro con vitorias por 3-0 sobre Raul Creucu e por 3-2 sobre Matyas Koleckar, e en cuartos impúxose por 3-0 a Leon Hallberg. O xaponés Yuta Ito frenou o seu paso á final na semifinal. Tamén chegou a cuartos no individual sub-17.

Unha semana excelente de Sasha Malov, con tres medallas internacionais. Parabéns!

Competicións

Liga MalovTM · 2ª xornada

Inscricións abertas

Xa están abertas as inscricións para a 2ª xornada da Liga MalovTM 26/27, que se disputará o domingo 13 de decembro en Pavillón de Oroso, Sigüeiro (OROSO) e comezará ás 16:00 h.

O prazo de inscrición remata o luns 7 de decembro ás 14:00 h. Despois, e ata o sábado 12 de decembro ás 14:00 h, aínda poderás anotar deportistas fóra de prazo, con recargo.

Cota de inscrición por deportista (en prazo / fóra de prazo):

  • Nados en 2017 ou despois: 0 € / 1 €
  • Nados entre 2009 e 2016: 1,50 € / 3 €
  • Nados en 2008 ou antes: 2 € / 4 €
Competicións

Liga MalovTM · 1ª xornada

Resultados finais e clasificacións globais

Xa están dispoñibles os resultados finais da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27, disputada hoxe no Pavillón de Oroso, en Sigueiro, e tamén as clasificacións globais da liga.

A xornada en números:

  • 34 deportistas inscritos (31 na rama masculina e 3 na feminina), de 5 clubs.
  • 6 grupos e 75 partidos disputados, cun total de 196 sets.

Ademais, nas clasificacións globais podes consultar as de equipos, por categorías e a xeral individual, que se actualizarán despois de cada xornada.

Grupos e horarios definitivos

Xa están dispoñibles os grupos e os horarios definitivos da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27.

A xornada disputarase o domingo 8 de novembro no Pavillón de Oroso, en Sigueiro, e comezará ás 16:00 h.

Dirixirá a xornada o xuíz árbitro Manuel Carrasco López.

Grupos e horarios provisionais

Xa están dispoñibles os grupos e os horarios provisionais da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27, que se disputará o domingo 8 de novembro ás 16:00 h no Pavillón de Oroso, en Sigueiro.

Aínda é posible inscribirse fóra de prazo, con recargo, ata mañá, sábado 7 de novembro ás 14:00 h.

Lista provisional de inscritos

Rematou o prazo ordinario de inscrición da 1ª xornada da Liga MalovTM 26/27. Xa está dispoñible a lista provisional de inscritos.

Aínda é posible inscribirse fóra de prazo, con recargo, ata o sábado 7 de novembro ás 14:00 h.

Aberta a inscrición

A primeira xornada da Liga MalovTM 26/27 disputarase o domingo 8 de novembro ás 16:00 h no Pavillón de Oroso, en Sigueiro.

Os clubs xa poden inscribir os seus xogadores dende a área privada da web, ata o luns 2 de novembro ás 14:00 h.

Cotas por xornada: gratuíta para os nados en 2017 ou despois, 1,50 € para os nados entre 2009 e 2016 e 2 € para os nados en 2008 ou antes. A inscrición confírmase ao pagar a factura que emite a FGTM.

Toda a información está na Circular nº 6 BIS 26/27.

Novas

ACTAS DA XUNTA ELECTORAL 2026

Competicións

Torneo Preestatal 26/27

Convocatoria de selección de árbitros para Torneo Preestatal

Publícase a convocatoria de selección de árbitros para actuar no Torneo Preestatal 26/27, que se celebrará do 5 ao 7 de decembro de 2026 no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.

Poden presentar a súa solicitude os árbitros con licenza en vigor na tempada 26/27, a través da web, dende a súa área de árbitro, no apartado Torneos. Alí poden marcar as quendas (mañá ou tarde de cada día) nas que poden arbitrar.

O prazo de inscrición remata o venres 20 de novembro de 2026 ás 14:00 h.

Apertura do prazo para inscricións

Do 5 ao 7 de decembro de 2026, o Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra acollerá o Torneo Preestatal 26/27, a cita na que se deciden as prazas de Galicia para o Torneo Estatal. Haberá 89 prazas en xogo, repartidas entre as categorías inferiores (de benxamín a sub-21), sénior, veteranos (de +40 a +70) e adaptado (de pé, cadeira de rodas e discapacidade intelectual).

Cada xogador pode inscribirse nunha soa categoría de idade; os deportistas con discapacidade poden facelo, ademais da proba de adaptado, na categoría correspondente a súa idade. Quen consiga praza cunha licenza C, G ou X terá que tramitar despois a licenza nacional A ou B para xogar o Torneo Estatal.

As inscricións poden realizarse a través do panel privado de cada club ata o 17 de novembro ás 14:00 horas, e están abertas a quen teña licenza federativa tipo A, B, C, G ou X.

A taxa de inscrición é de 20 € en sénior, veteranos e sub-21, e de 16 € no resto de categorías. A FGTM enviará a factura a cada club ao rematar o prazo, así que non hai que pagar nada antes. As inscricións fóra de prazo pagan o dobre.

Tedes toda a información na Circular nº 11. Animamos a todos os clubs a inscribir os seus deportistas e a vir a Pontevedra a loitar por unha praza no Estatal!

Competicións

Liga galega de veteranos 2026/2027

Calendarios provisionais

Publícanse os calendarios provisionais de cada un dos grupos da Liga Galega de Veteranos.

Ábrese un prazo ata o xoves 5 de novembro ás 14:00 horas para propoñer cambios no calendario, enviando un correo a ligas@fgtm.es.

Lembramos que estes calendarios propóñense como unha guía inicial, pero os equipos implicados podedes cambiar a data ou o lugar dos encontros de común acordo, sen necesidade de aprobación por parte da FGTM.

Grupos definitivos da Liga Galega de Veteranos e solicitude de sedes

Publícase a distribución definitiva de grupos da Liga Galega de Veteranos.

Os clubs que o desexen poderán solicitar ser sede dunha concentración para xogar os encontros necesarios, enviando un correo a ligas@fgtm.es no que indiquen o local, o número de mesas dispoñibles, os horarios e as datas.

Poderán solicitarse sedes ata o sábado 31 de outubro ás 14:00 horas.

Datas dispoñibles:

  • 19 e 20 de decembro de 2026
  • 6 e 7 de febreiro de 2027
  • 13 e 14 de febreiro de 2027
  • 27 e 28 de febreiro de 2027
  • 20 e 21 de marzo de 2027
  • 27 e 28 de marzo de 2027

O resto dos encontros poderán xogarse na data e no lugar que acorden os equipos.

Listado provisional de equipos da Liga Galega de Veteranos con distribución en grupos.

Publícase proposta provisional de distribución de grupos para a liga galega de Veteranos 2026/2027.
Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas por mail a ligas@fgtm.es , ata o mércores 14 de Outubro ás 14:00 horas.

Informamos a todos os clubs de que se amplía o prazo de inscrición para a Liga Galega de Veteranos correspondente á tempada 2026/2027.

  • Nova data límite: Sábado, 10 de outubro de 2026 ás 14:00 h
  • A inscrición debe realizarse a través do formulario en liña (Google Sheets) correspondente a cada club.
  • É imprescindible enviar o xustificante de pagamento bancario a tesoreria@fgtm.es antes do remate do prazo para que a inscrición sexa admitida.
  • Cotas de inscrición: 20 € para o primeiro equipo e 15 € para o segundo e posteriores.
Competicións

Liga Galega de Idades

Ampliación do prazo de inscrición de equipos

Informamos a todos os clubs de que se amplía o prazo de inscrición de equipos na Liga Galega de Idades correspondente á tempada 2026/2027.

  • Nova data límite: venres, 6 de novembro de 2026 ás 14:00 h.
  • A inscrición faise desde a área privada do club na web (Equipos → Nova inscrición), elixindo a categoría de idade de cada equipo.
  • Cota de inscrición: 25 € por equipo. Rematado o prazo, a FGTM enviará a factura correspondente; prégase non facer ningún pagamento ata recibila.

Toda a información está na Circular nº 9 26/27.

Circulares

Circular 11 26/27 Torneo Preestatal clasificatorio para o Torneo Estatal

A Federación Galega de Tenis de Mesa publica a Circular nº 11 da tempada 2026/2027, que regula o Torneo Preestatal clasificatorio para o Torneo Estatal. A competición disputarase do 5 ao 7 de decembro de 2026 no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, e nela repartiranse as prazas de que dispón Galicia.

Circulares

Circular 6 BIS 26/27 3ª División Galega Masculina e 1ª División Galega Feminina - Liga MalovTM

Publícase a Circular nº 6 BIS 26/27. Esta circular BIS adapta a Circular nº 06 da tempada 2026/2027, de data 1 de setembro de 2026, aos procedementos implantados na nova plataforma web da FGTM e actualiza o calendario de xornadas.

Publícase circular nº 6 da tempada 2026/2027 sobre 3ª División Galega Masculina e 1ª División Galega Feminina - Liga MalovTM.

  • Ver Circular nº 6 26/27 Anulado · substituído por unha versión posterior