FGTM e Table Tennis Cup (TT-Cup) asinan un memorandum de colaboración para promover o tenis de mesa
A FGTM e a Copa de Tenis de Mesa (TT-Cup) veen de asinar un Memorandum de Colaboración para popularizar o tenis de mesa e axudar aos xogadores a mellorar o seu xogo. O convenio ten tamén como obxectivo promover os eventos organizados pola TT Cup e descubrir novos talentos.
A firma deste memorandum, non só, marca un fito nos esforzos da FGTM e a TT-Cup para promover e desenrolar o tenis de mesa, senón que tamén supón un antes e un despois para a FGTM que, dende a entrada da nova Xunta Directiva, está a tentar acadar maior número de recursos para a promoción do noso deporte.
Segundo os términos do Memorandum, FGTM e TT-Cup traballarán estreitamente para organizar e promover torneos e outros eventos que fomenten o tenis de mesa a nivel local e rexional.
Deste xeito, a FGTM únese tamén a outras presitxiosas entidades, como a ETTU que anteriormente asinaran convenios similares coa TT-Cup.
Lido 268 veces
Modificado por derradeira vez o Sábado, 16 Marzo 2024 13:04