×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 390
JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 399

FGTM

Martes, 28 Abril 2026 10:14

Convocatoria Elecciones FGTM 2026

 

FGTM 100     


Se hace pública la convocatoria de Elecciones FGTM 2026:


Documento de Convocatoria de Elecciones FGTM 2026

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 28 Abril 2026 10:36
MALONG     

 

Engadíronse novas funcionalidades que permiten que un usuario solicite o seu carné de federado e que poida enviar unha fotografía para que figure tanto no carné como no apartado de estatísticas das ligas, etc.
Para saber como proceder en cada un destes procedementos, poden acceder ao menú principal da web:

Petición de carnet
e
Subir Fotografía persoal

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 16 Decembro 2025 20:55
Martes, 09 Decembro 2025 13:15

Prevención da Violencia no Deporte

PREVENCION   

 

A través da Federación Galega de Tenis de Mesa, facémos chegar os recursos oficiais do proxecto DEIXA XOGAR, impulsado por UFEDEGA en colaboración con Juntos Invulnerables, có obxectivo de reforzar a prevención e a cultura do bo trato no deporte base galego.

No menú principal da web, área de DESCARGAS / PREVENCIÓN VIOLENCIA pódese atopar toda a documentación e recursos.

Modificado por derradeira vez o Martes, 09 Decembro 2025 13:20
FGTM 100     

 

Debido á suspensión obligada das Previas Prebenxamín e Infantil por causas alleas á FGTM que se ían celebrar o pasado 22/12/2024, a Comisión Delegada da FGTM aven de aprobar o cambio de data das mesmas para o día 26 Xuño 2025.

Ver Calendario

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 27 Decembro 2024 13:08
Martes, 17 Decembro 2024 10:59

Modificación de Calendario 2024 / 25

FGTM 100     

 

Debido a que non se recibiron solicitudes de sede para os Campioantos Galegos por Equipos a celebrar os días 25 e 26 de Xaneiro de 2025, e sendo infructuosos os intentos da FGTM de atopar unha sede, a Comisión Delegada da FGTM aven de aprobar o cambio de data dos mesmos para os días 10-11 Maio 2025.

Ver Calendario

 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 18 Decembro 2024 14:02
Sábado, 30 Novembro 2024 22:10

Curso de Entrenador nivel 2, bloque comun

FGTM 100     


Publícase información relativa ao curso de adestrador nivel 2, bloque común

pdf Guía do alumnado BCN2 2025
pdf

Guía das federacions BCN2 2025

 

Modificado por derradeira vez o Domingo, 01 Decembro 2024 15:38
Luns, 14 Outubro 2024 13:22

Calendario 2024 / 25

FGTM 100     


Detectads erros no último calendario publicado, publicamos versión cos erros correxidos.

Ver Calendario

 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 16 Outubro 2024 18:07

 

Unha Tempada mais, a Concellería de Deportes de Vigo pon en marcha a convocatoria 
“Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais 22/23”.

Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma finalidade a aposta polo deporte de base na cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.
Emprazamosvos a solicitar esta axuda da que poderedes beneficiarvos para costear parte dos teus gastos no desenvolvemento da actividade deportiva.
As solicitudes poderán presentarse telemáticamente (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ata o dia 21 de Novembro de 2023.
Adxúntanse as bases e formulario para descargar.

Modificado por derradeira vez o Mércores, 08 Novembro 2023 16:32

A nova presidenta firmou onte pola mañá a acta de toma de posesión xunto coa Xunta Electoral.

Tralo anuncio do anterior presidente, José Luis Cabaleiro, de non optar á renovación do cargo; Nuria Castro será a primeira muller presidenta na historia da Federación Galega de Tenis de Mesa e gobernará a institución ata 2026 tras impoñerse na votación celebrada o pasado día 12 de decembro con 27 votos dos membros da asemblea xeral, por diante do outro candidato Manuel Pereiro (2 votos). A alta participación rexistrada, tanto nas votacións a membros da Asemblea Xeral, como na elección de presidente, nas que se bateron récords de participación na historia das eleccións á FGTM, é unha sinal de pluralidade e democracia, e amosa o bo momento do tenis de mesa galego.

Dende estas liñas, a nova presidenta quere aproveitar para dar un amplo agradecemento aos asembleístas que a apoiaron, así como aos moitos membros do tenis de mesa galego que nestes días puxéronse en contacto para amosar a súa boa disposición e apoio ó novo proxecto que comeza.

A partir da próxima semana terá lugar a primeira reunión da Xunta Directiva e daranse a coñecer os nomes que a conforman, así como o resto de integrantes do organigrama e equipo de traballo da nova FGTM.

Todos os membros da nova FGTM comezamos a traballar dende este intre con moita enerxía e ilusión. Intentaremos que o cambio de directiva sexa coa maior fluidez e rapidez posible, dentro das nosas posibilidades. Desexamos que esta sexa unha federación aberta, próxima e en constante comunicación cos seus afiliados. Quedamos á vosa enteira disposición para, entre todos, facer un tenis de mesa galego máis grande.

               

                                                                                                                              Felices Festas e Feliz Ano 2023

                                                                                                                   Federación Galega de Tenis de Mesa

Venres, 30 Decembro 2022 11:35

Cuestionario Congreso Xestión Deportiva

Bo día,

 A petición da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), rogámosvos reenviar o cuestionario adxunto a todos os clubs pertencentes á súa federación, que servirá para dar o enfoque adecuado ao contido programático dun “Congreso sobre xestión deportiva”, que organizará a AGAXEDE coa colaboración da UFEDEGA. Devandito congreso pretende reunir a federacións e clubs en Santiago de Compostela, o 17 de marzo de 2023, co fin de analizar e debater as necesidades do Terceiro Sector do Deporte. Aquelas persoas que cubran e envíen o cuestionario antes do día 16 de xaneiro, dispoñerán dun desconto do 20% na cota de inscrición"

 Enlace do cuestionario:

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScOEZVcQXqeUObLGCRHfFd8E1NYb8N5IsAp8sXXbDXc0lW6lg/viewform

 Moitas grazas

 Feliz entrada do ano novo!

Páxina 1 de 11