Xoves, 27 Agosto 2015 19:12
NOMEAMENTO DE ANTONIO J. DIZ
Antonio Diz incorpórase ao organigrama da Federación Galega, despois da conversación mantida no día de hoxe con José L. Cabaleiro como Presidente. Formará parte, xunto con Rodrigo Álvarez, Fernando Montero e Daniel Sánchez de la Comisión de ranking, ligas, campionatos e web. Dende a Xunta Directiva dámoslle a benvida, desexándolle os maiores éxitos, que redunden en beneficio do tenis de mesa galego.