Martes, 05 Decembro 2023 16:25

Rolda de prensa para presentar a Europa Trophy, as Previas ós Galegos Infantís e o Preestatal

 

Centos de xogadores pasarán por Pontevedra da man do tenis de mesa ao longo desta semana. O pavillón multiusos da Xunqueira de Pontevedra acollerá tres eventos de enorme relevancia, como son o Europa Trophy, as Previas ós Galegos Infantís e o Preestatal Pontevedra 2023, entre o 6 e o 10 de decembro. 

Nestes próximos días Pontevedra será o epicentro do tenis de mesa en Galicia grazas a tres citas que achegarán até a cidade a preto de medio millar de deportistas.
A primeira das citas, que se celebrará os días 6 e 7 de decembro, é a Europa Trophy. O evento internacional preséntase como unha competición na que están clasificados cinco equipos españois da Superdivisión, entre eles dous galegos: o Arteal Tm e o MontePorreiro TM.
Case de xeito simultáneo, celebraranse as previas ó Campionato Galego infantil Individual. Competición novedosa desta tempada que reunirá algúns dos mellores xogadores/as galegos da categoría. Desputarase o día 6 de decembro en sesión de tarde.
O día 8 de decembro iniciarase o Torneo Preestatal, na que chegarán competidores desde Aragón, Navarra, La Rioja, País Vasco, Asturias e Galicia. Buscarán obter tamén a súa clasificación para a seguinte fase da competición.
«Teremos a preto de 500 xogadores e xogadoras de todas as categorías, dispostos a dar a súa mellor cara co obxectivo de xogar o Torneo Estatal que se celebrará en Tarragona», explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. «Teremos catro días de deporte en Pontevedra, con unha boa representación galega e pontevedresa. Haberá un retorno económico evidente, ao ter que pernoctar aquí e só podo agradecerlle ao servizo de deportes a súa implicación e traballo, ademais do esforzo do propio club de Monte Porreiro e da Federación Galega de Tenis de Mesa, representada pola súa presidenta Nuria Castro».
O adestrador do Monte Porreiro, Nando Álvarez, agradeceu a aposta do Concello de Pontevedra polo tenis de mesa e as competicións deportivas, agradecendo tamén á Federación Galega decisión de escolleren Pontevedra para organizar un evento «tan importante como é o torneo Preestatal».
Por último, Nuria Castro explicou que na Federación estaban moi orgullosos de poder facer en Pontevedra o nomeado torneo. «Somos unha directiva nova, esta é a nosa primeira competición importante e cremos que está nas mellores mans», indicou. «Monte Porreiro é unha garantía, teñen experiencia e gana de traballar e só podemos agardar que todo vaia ben e que os galegos teñan sorte para clasificarse».

5320328a 67c3 49fa b6c0 ba98b7e93023

 

Lido 173 veces