Mércores, 15 Febreiro 2023 19:34

A Federación Galega de Tenis de Mesa firma un acordo de colaboración coa marca Sanwei

A FGTM pasa a sela primeira federación territorial en España que pecha un acordo de colaboración coa marca.

Sanwei FGTM MTM 
  Boas novas para o tenis de mesa galego. A nova directiva da FGTM, e gracias á xestión de MalovTM, representante en España de Sanwei ven de firmar un acordo de colaboración coa marca chinesa de Tenis de Mesa.

   Ler mais información:







Sanwei FGTM MTM

A nova direcitva da Federación Galega de Tenis de Mesa ven de firmar un acordo de colaboración coa marca de productos de tenis de mesa Sanwei a través do seu representante en España: MalovTM. Pouco máis de un mes despois de tomar posesión, e gracias á xestión de MalovTM, empresa que xa dende fai anos colabora coa FGTM e que intercedeu nas negociacións con Sanwei, a nova directiva pechou un acordo de colaboración entre ambas entidades.

SANWEI Sport é unha marca profesional de tenis de mesa dende 1993 que ten como obxectivo proporcionar os mellores productos de calidade / precio para o tenis de mesa. Con sede en Bejing e fábrica en Hebei (China), Sanwei posee tamén un club de tenis de mesa propio en Pekín onde, no futuro, poderían chegar a realizarse estancias de formación.

Esta é a primeria vez na historia da FGTM que se pecha un convenio de colaboración cunha marca tan importante de tenis de mesa. Gracias ó acordo firmado entre Sanwei e a FGTM, a empresa cederá á nosa federación, e de forma completamente gratuita, material de xogo que poderá ser empregado tanto en competicións como en outras actividades da FGTM. Desta forma, a FGTM convírtese na primera federación territorial coa que a prestixiosa marca firma un acordo en España. 

Na imaxe, o CEO de Sanwei Mr Su, asinando o convenio de colaboración coa FGTM.

Lido 516 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24