×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 391

Resultados e clasificacións do torneo.

Publicase para xeral coñecimento a normativa do novo sistema de ranking, que se implanta a partir desta tempada 2013-14.

A publicación do calendario do circuito galego de torneos de verán, na que aparecen clasificados como nivel I e nivel II, está dando lugar a interpretacións erróneas.

Simplemente é unha clasificación interna da Federación, sobre a dificultade para o Xuiz-árbitro, segundo o número de probas e participación.

 

O CALENDARIO ACTUALIZADO

 

DATAS

TORNEO

PROVINCIA

11 AGOSTO

MONFORTE

LUGO

17-18 AGOSTO

CIDADE DA CORUÑA

A CORUÑA

31 AGOSTO – 1 SETEMBRO

ALBARIÑO (CAMBADOS)

PONTEVEDRA

7-8 SETEMBRO

MONTE PORREIRO

PONTEVEDRA

14-15 SETEMBRO

OROSO

A CORUÑA

21-22 SETEMBRO

CONCELLO DE GONDOMAR

PONTEVEDRA

28-29 SETEMBRO

CONCELLO DE CANGAS

PONTEVEDRA

21-22 DECEMBRO

CONCELLO DE OLEIROS

A CORUÑA

28-29 DECEMBRO

CIDADE DE NARON

A CORUÑA

24-25 MAIO 2014

CIDADE DE FERROL

A CORUÑA

Publicase o calendario aprobado na asemblea da FGTM celebrada o pasado martes 30 de xullo en Compostela.

IMPORTANTE PARA INSCRICIÓNS DO CIRCUITO GALEGO DE TORNEOS:

Ao estar a proceder a facer un cambio no modelo de ranking, É OBRIGATORIO QUE TODALAS INSCRICIÓNS PARA OS TORNEOS DE VERÁN, INCLUAN O NÚMERO DE LICENZA E A DATA DE NACEMENTO, xa que SEN ESES DATOS, NON SE INCLUIRAN NA RELACIÓN DE INSCRICIÓN DE CADA COMPETICIÓN.

 

Comunican-nos do club San Xoán, colaborador na organización do Campamento de Verán da FGTM, que o mesmo vai ter que demorarse até a última semana de agosto, debido a obras de renovación do comedor do colexio San Xoán, que utilizamos para as comidas do mesmo.

Para a previsión de gastos da actividade e coa fin de poder facer un cálculo do que tería que poñer cada participante:

As seleccións infantis cumpriron os prognósticos de finalizar no podium, e así Santi Otero, Pedro Fernández e Jorge Larrondo en masculino e Belén Calvo, Silvia Álvarez e Judith Cobas en feminino, lograron sendos bronces en equipos.

A nível individual, Laura Fernández e Martin Regueiro foron quen tamén de lograr subir ao terceiro caixón do podium, despois dunha magnfífica actuación nesta proba, resarcindose da regular actuación na fase de equipos, que acompañados por Belén Sañudo e Lucía Graña na feminina e Santi Prieto e Martin Pintos na masculina, lograron un quinto e un sétimo posto respectivamente.

Seguen a demostrar que poden e deben estar entre os mellores a nivel estatal.

A directiva da FGTM, congratulase dos ascensos de MONTE PORREIRO e CEIBE DE MONFORTE, á Primeira Nacional Masculina, que acompañan a GRUPO BARROS-CAMBADOS E SAN XOAN TM.

O SAN XOAN TM, tamén ascende á Segunda Nacional Masculina, logo de renuncias, ao estar de 1º reserva de todo o estado.

Parabéns a todos.


Publicase a convocatoria das seleccións galegas infantis e cadetes, que participarán no Campionato de España de seleccións autonómicas en idade escolar, a disputar na capital pacense, Badajoz.

O mesmo terá lugar do domingo 30 de xuño ao 3 de xullo, data de regreso.

A saída está prevista para o sábado 29 de xuño.


Podedes consultala no arquivo que se achega.

Publicase circular do II Torneo internacional aberto "Cidade de Ferrol", que se disputará o sábado 22 e domingo 23 de xuño no pavillón do CEIP San Xoan de Filgueira en Ferrol, organizado polo club SAN XOAN TENIS DE MESA

 

Publicase circular do campionato galego de persoas con discapacidade, que se vai disputar en San Xoan (Ferrol) o 22 (Intelectuais) e o 23 (físicos), xunto co Torneo Internacional "Cidade de Ferrol".

Podedes consultar as normas no arquivo pdf adxunto a este artigo.

Páxina 5 de 6