Venres, 05 Xullo 2013 22:15

AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIS, LAURA E MARTIN REGUEIRO, BRONCE EN BADAJOZ Destacado

As seleccións infantis cumpriron os prognósticos de finalizar no podium, e así Santi Otero, Pedro Fernández e Jorge Larrondo en masculino e Belén Calvo, Silvia Álvarez e Judith Cobas en feminino, lograron sendos bronces en equipos.

A nível individual, Laura Fernández e Martin Regueiro foron quen tamén de lograr subir ao terceiro caixón do podium, despois dunha magnfífica actuación nesta proba, resarcindose da regular actuación na fase de equipos, que acompañados por Belén Sañudo e Lucía Graña na feminina e Santi Prieto e Martin Pintos na masculina, lograron un quinto e un sétimo posto respectivamente.

Seguen a demostrar que poden e deben estar entre os mellores a nivel estatal.

Lido 931 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 05 Xullo 2013 22:53