Mércores, 05 Xullo 2023 12:15

Enmanuel Otálvaro e Camilo Giraldo confirman a súa participación no Clinic FGTM

Otalvaro

A FGTM segue a traballar para dar ó mellor ós seus xogadores. Non descansamos, e acabamos de confirmar unha excelente noticia!! Enmanuel Otálvaro, xogador colombiano u13 que se atopa nos primeiros postos do ranking mundial e foi seleccionado para o Hopes Squad deste 2023, e o seu adestrador Camilo Giraldo, confirman a súa participación na Quenda 4 do Clinic FGTM. Estarán xunto cos xogadores e adestradores, compartindo as súas experiencias e vivencias. 

Sen dúbida, unha oportunidade única para todos os nosos nenos/as que estamos seguros aproveitarán ó máximo!!.

A Dirección Deportiva da FGTM segue a traballar para poder dar máis sorpresas nas seguintes quendas do Clinic FGTM deste verán. Recordade que o prazo de inscrición para as quendas de Agosto remata o próximo 15 de Xullo de 2023.

Lido 353 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 21 Xullo 2023 13:47