Novas da FGTM

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tenis de Mesa quere felicitar a tódolos xogadores/as galegos desprazados este fin de semana a Jaén para a disputa do Torneo Estatal 2023 nas categorías benxamín a xuvenil polos bos resultados acadados. E en especial ós clasifcados entre os 8 mellores das súas categoría:

final 1024

Benxamín feminino
 
bronce Celia Sanz (CTM Cidade Narón): semifinalista
 
Benxamín masculino
plata Alexander Malov (Oroso TM): subcampión
  Nicolás Otero (Oroso TM): 7º
Alevín masculino
bronce Matias Betancor (MontePorreiro TM): semifinalista
Infantil feminino
bronce Sofia Couce (CTM Cidade Narón): semifinalista
  Mariña García (Pontevedra TM): 6ª

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 20 Marzo 2023 19:24
Inicio  

 Publicadas as axudas para entidades deportivas da Deputación de Lugo:

https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79080

b4296c8a de9c 4d16 90c4 1ad6b78cc282 copia

Dous dos nosos deportistas galegos forman parte da representación española que participa estes días no COSTA BRAVA SPANISH PARA OPEN 2023

Nesta competición que se celebra en Platja D'Aro entre os dias 9 e 11 de Marzo, Martina Sande e Alberto Seoane xogarán as modalidades de individuais, dobles e dobles mixto.

Modificado por derradeira vez o Venres, 10 Marzo 2023 10:05

 

IMG 20230220 170050 copia. LOWjpg  91A6629 copia 2 LOW
 

 

Aproveitando as vacacións de Entroido, as Seleccións Galegas Intantís e Cadetes realizaron sendas concentracións de tecnificación co fin de preparar o próximo CESA 2023 e determinar a composición final dos equipos participantes. Os responsables técnicos: Valeri Malov, Miguel Rey, Judit Cobas, Diandra Cobelo e Cristofer Santiago; felicitaron a tódolos xogadores/as polo excelente traballo realizado nas mesmas, amosando un bo nivel de xogo e de esforzo. En breve, serán comunicados os xogadores/as titulares para o CESA 2023 mediante a web oficial da FGTM.

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24
Sen tempo que perder, a Área de Promoción da FGTM arranca a súa actividade nos colexios, promovendo o tenis de mesa entre os mais pequenos. O primeiro dos coles que acolleu esta iniciativa, a semana pasada, foi o CPI de Cabana de Bergantiños, en colaboración coa ANPA do centro. Agredecer igualmente a excelente predisposición de tódolos profesores do centro que colaboraron e facilitaron a realización destas xornadas.
Seguimos traballando polo tenis de mesa ‼️
(Abrir para ver galería)
Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24

Reunido o pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva o 13 febreiro de 2023, o pleno do comité por unanimidade, acordou desestimar en todas as súas peticións e pretensións o recurso electoral 3/2023 formulado por Don Manuel Pereiro Pérez no que se impugnaba a proclamación definitiva da Comisión Delegada da FGTM como pretensión principal e, solicita a anulación do proceso electoral 2022, ademáis de solicitar que se abra expediente sancionador á Xunta Electoral.

Mais información no arquivo adxunto:

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24

Reunido o pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva o 13 febreiro de 2023, o pleno do comité por unanimidade, acordou non acoller o recurso formulado por don Manuel Pereiro Pérez contra a resolución do 13 de decembro de 2022 da Xunta Electoral da Federación Galega de Tenis de Mesa e no que se solicitaba: a anulación da convocatoria da Asamblea Xeral Constitutiva do día 12 de decembro de 2022 e incoar expediente sancionador á xunta electoral.

Mais información no arquivo adxunto:

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24

Reunido o pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva o 13 febreiro de 2023, o pleno do comité por unanimidade, acordou desestimar en todas as súas peticións e pretensións o recurso electoral 2/2023 formulado por Don Manuel Pereiro Pérez no que se impugnaba a proclamación definitiva da Presidenta da FGTM como pretensión principal e, a maiores, solicitaba a anulación do proceso electoral 2022, ademáis de solicitar que se abrise expediente sancionador á Xunta Electoral.

Mais información no arquivo adxunto:

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24

A FGTM pasa a sela primeira federación territorial en España que pecha un acordo de colaboración coa marca.

Sanwei FGTM MTM 
  Boas novas para o tenis de mesa galego. A nova directiva da FGTM, e gracias á xestión de MalovTM, representante en España de Sanwei ven de firmar un acordo de colaboración coa marca chinesa de Tenis de Mesa.

   Ler mais información:







Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24
Venres, 10 Febreiro 2023 22:01

Xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro

As Áreas de TM Adaptado e de Promoción da FGTM traballan xuntas nunha xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro.

As Áreas de Promoción e TM Adaptado da FGTM tiveron o pracer de asistir a pasada semana a unha xornada de convivencia nas instalacións da AD Zas e con membros da Asociación Íntegro. Na mesma, realizouse un adestramento conxunto así como unha charla formativa, dando a coñecer en maior profundidade o tenis de mesa adaptado. Desexamos que este sexa o xerme de novos amigos que segan disfrutando con nós do noso deporte. Gracias a todos pola iniciativa!

Xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro Pincha para ver galería
Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24
Páxina 4 de 5