Novas da FGTM
Nova versión imprimible das Licencias FGTM
![]() |
A FGTM habilita a descarga de licencias FGTM en formato imprimible. Intentando mellorar as prestacións para tódolos clubs galegos, a FGTM ven de habilitar a versión imprimible das licencias FGTM. Cando entremos no Google Sheets do club, na pestaña de licencias, onde podemos ver tódalas licencias do noso club, á dereita de cada licencia, está dispoñible en tempo real a ligazón da versión imprimible da licencia de cada afiliado á FGTM con tódolos datos actuais, incluindo tódalas las licencias activas de ese afiliado para a tempada en curso. |
Designacións arbitrais Xornada 30/09 e 01/10/2023
![]() |
|
OFERTA DE EMPLEO: búscase administrativo para a FGTM
![]() |
|
||||||||||||||
Becas Universo Mujer - RFETM para deportistas de categoría femenina
![]() |
Adxúntase convocatoria de Becas Universo Mujer - RFETM para deportistas de categoría feminina, para todas aquelas deportistas interesadas.
Toda a info no siguinte enlace, coa ampliación do plazo ata o 30 de Setembro de 2023.
|
Venta de mesas usadas
![]() |
Últimas unidades disponibles: A FGTM pon á venta mesas usadas de 25 mm de grosor e homologadas pola ITTF. IMPORTANTE: a xestión do transporte e do coste do mesmo, corre por conta do comprador. Tamén se recorda que non será autorizada a saída do material ata que se reciba o importe do coste das mesas adquiridas. Os interesados poden dirixirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para solicitar presuposto, indicando o número de mesas a adquirir así como os datos fiscais para a posterior facturación. No presuposto constarán os datos bancarios para o pago, sendo este o único método de pago posible, así como a localización das mesas para a súa posterior recollida. Disponibilidade ata agotar existencias.
|
Enquisa valoración FGTM
![]() |
Tras medio ano da actual Xunta Directiva ó frente da FGTM, queremos saber a opinión dos membros do tenis de mesa galego. O noso interés é construir unha federación por e para tódolos integrantes do tenis de mesa galego, buscando medrar todos xuntos, porque sabemos que ésta é a única forma de poder conseguilo. Acceder á Enquisa de Valoración
|
O CGXD volve a arquivar outra denuncia á FGTM e á súa presidenta
![]() |
Unha vez mais, o Comité Galego de Xustiza Deportiva da Xunta de Galicia, volve a arquivar unha denuncia recibida contra esta federación e a súa presidenta. A FGTM recibiu hoxe a notificación do arquivo do expediente 52/2023 onde se solicitaba a incoación de expediente disciplinario á Presidenta da FGTM polas infracción moi graves previstas no artigo 116 k) e ñ) da Ley 3/2012. Ver resolución. A FGTM continúa véndose obrigada a destinar parte do seu escaso presuposto a un gasto "non deportivo" o cal lamenta profundamente e desexa que pronto podamos destinar todos os nosos recursos económicos, de tempo e esforzo a traballar polo tenis de mesa galego como é o noso obxectivo. A FGTM está á enteira disposición dos seus afiliados para resolver tódalas dudas e inquedanzas que poidan surxir, co ánimo de traballar todos xuntos por un tenis de mesa galego mellor.
|
PR945C - SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS 2023
![]() |
PR945C - SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS 2023 LIÑA I: desenvolvemento de actividades deportivas LIÑA II: núcleos de adestramento deportivo especializado O vindeiro venres 21 de xullo publicarase no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN definitiva das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C (liña I: actividade deportiva; liña II: NADEs). Polo tanto, o prazo para solicitar o pagamento comezará o 22.07.2023 e rematará 0 21.08.2023. Na seguinte ligazón poñemos á vosa disposición por adiantado a Resolución que se publicará no DOG: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-actividade-lista-definitiva-de-entidades-beneficiarias |
Novo Ranking FGTM
![]() |
A FGTM ten previsto a implementación dun novo sistema de ranking para a próxima tempada. A Xunta Directiva quere agradecer a Antonio Vidal a súa boa predisposición neste tema, e as súas aportacións, sen as cales, non houbera sido posible iniciar este proxecto. Aproveitamos esta publicación para anunciar o nomeamento de Antonio Vidal como responsable do novo Comité de Ranking. Achegamos, a continuación, proposta para o novo sistema de ranking, para que aqueles interesados, aportedes as vosas suxerencias e comentarios a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
QUEREMOS MEDRAR CONTIGO, QUEREMOS SER MAIS GRANDES
A Xunta Directiva da FGTM está a traballar en novos e ilusionantes proxectos. Queremos unha FGTM máis grande e mellor, pero precisamos da túa axuda. Se che gusta o noso deporte, tes ganas de aportar ó tenis de mesa, queres formar parte dun proxecto ilusionante:
Seguindo as suxerencias de algúns dos nosos afiliados, citamos a continuación algúns dos proxectos que nos gustaría comezar no menor plazo posible e nos que nos gustaría poder contar coa vosa axuda:
- Administración redes sociais: facebook, instagram, youtube, etc..
- Modificación/creación nova web FGTM
- Creación dunha área de formación tanto de adestradores coma de árbirtos e xuices árbitros.
- Mellora da imaxe corporativa: logos, carteis, imaxes, etc..
Seguro que TI eres a persoa indicada!
Non importa a túa idade, sexo, color ou condición: seguro que tes moito que aportar!
Ponte en contacto con nós, expón as túas ideas, explícanos en qué che gustaría colaborar coa FGTM e súmate ó Tenis de Mesa Galego. Escribe á Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .…. Esperámoste!!
Más...
Axudas DGAN 2023
![]() |
Informámos de que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe mércores 31 de maio, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2023, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2023”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel. Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2022 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que dende a vosa Federación Galega poidades acreditarnos posteriormente ás solicitudes das persoas deportistas. Mais información e bases en: http://deporte.xunta.gal |
V Gran Gala do Deporte de A Coruña e a súa Comarca
![]() |
O 20 de xuño de este ano, celebrarase no Teatro Ágora da Coruña a quinta edición da Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca co galo de celebrar e premiar aos mellores deportistas do 2022. A finalidade destes premios é a de dar visibilidade a todos os deportes e federacións que tanto traballades polo crecemento dende a base até a elite. Leer mais.... |
O Comité Galego de Xustiza Deportiva denega as medidas cautelares solicitadas para os Campionatos Galegos Absoluto, Prebexamín, Alevín e Infantil
O pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva ven de resolver por dúas veces consecutivas, os dias 16 de maio e 25 de maio de 2023, e por unanimidade, denegar as medidas cautelares que Don Manuel Pereiro Pérez presentara en sendos recursos e referentes ós Campionatos Galegos Absoluto e Prebenxamín celebrados o pasado 17 de maio e os Campionatos Galegos Alevín e Infantil que se celebrarán próximamente.
A Federación Galega desexa felicitar ó CTM Mos polo seu ascenso á División de Honra Nacional Feminina
![]() |
A Xunta Directiva da FGTM quere felicitar ó CTM Mos polo ascenso recén acadado no día de hoxe á División de Honra Nacional Feminina, tras gañar os seus dous encontros na fase de ascenso celebrada en Olot. |
Xornadas de deporte inclusivo "Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional"
![]() |
A Xunta de Galcia infórmanos da realización das Xornadas de deporte inclusivo “Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional ”.
|
Plazas 2ª División Nacional Masculina tempada 23/24
![]() |
Publicada a circular número 76 da Temporada 22-23 da RFETM coas Prazas de Segunda División Masculina para a tempada 23-24 (Ver circular), ábrese prazo para que tódolos equipos interesados militantes na 3ª División Nacional na Tempada 22/23, envíen email confirmando o seu interese en ascender a 2ª División Nacional a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A FGTM só terá en conta para a elaboración do listado de ascensos aquelas solicitudes recibidas por escrito en tempo e forma. O prazo límite será o 15 Maio de 2023 ás 14:00 h.
|
|||||
Convocatoria árbitros Campionatos Galegos
![]() |
Ábrese prazo para o envio de solicitudes dos árbitros interesados en actuar nos distintos Campionatos Galego. Os interesados deberán enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes da data sinalada:
|
|||||
Reunión Xunta Directiva
![]() |
Recibida notificación do Xuzgado Contencioso/Administrativo nº2 de Vigo, a Xunta Directiva da FGTM en reunión extraordinaria de urxencia celebrada onte 30 de Marzo de 2023, ven de aprobar a contratación de servicios xurídicos necesarios para o seguemento e trámites do citado procedemento así como de outros posteriores que puidesen surxir. A Xunta Directiva lamenta profundamente verse obrigada a destinar parte do escaso presuposto da federación a un gasto "non deportivo" cando a política da actual FGTM é de austeridade e reducción de gastos "non deportivos" para poder organizar mais e novas actividades así como realizar maior promoción do tenis de mesa.
|
||||||||||
A Federación Galega de Tenis de Mesa felicita ós seus deportistas polos bos resultados en Jaén
A Xunta Directiva da Federación Galega de Tenis de Mesa quere felicitar a tódolos xogadores/as galegos desprazados a Jaén para a disputa das Copas do Rei e da Raíña, Campionato de España Absoluto e Torneo Estatal 2023 nas categorías sub23, senior, veteranos e adaptado polos bos resultados acadados. E en especial a::
Dobles Absoluto Masculino |
|
||
Copa do Rei |
|
||
Sub23 feminino |
|
||
Senior feminino |
|