Xoves, 08 Febreiro 2024 12:05

Candidaturas Distincións Santiago Deporte 2023

FGTM 100                


O Concello de Santiago, con motivo das “Distincións Santiago Deporte 2023”, solicita o envio de candidaturas para as modalidades convocadas. A FGTM recibirá propostas de candidaturas que poderán ser enviadas a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do próximo 15 de Febreiro de 2024 as 14:00 h. 

Ler noticia para mais información 


As propostan enviaranse en función dos seguintes criterios, definidos para cada premio ou categoría das bases reguladoras das Distincións Santiago Deporte 2023:

Deportista feminina categoría base

• Deportista masculino categoría base

• Deportista feminina

• Deportista masculino

Enfocadas para aqueles/as deportistas que durante a tempada 2022/23 ou ano 2023, segundo a modalidade deportiva que se considere, despuntasen polos seus logros, éxitos e triunfos deportivos ou por outros méritos que o xurado considere que os fan acredores deste galardón. En calquera dos catro supostos, as persoas candidatas deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos:

-  Nacer en Santiago de Compostela

- Estar empadroadas no municipio durante os últimos tres anos

- Pertencer a unha entidade deportiva compostelá durante os últimos tres anos

Entidade deportiva máis destacada que na tempada 2022/23 ou ano 2023, segundo a modalidade deportiva que se considere, acadase resultados meritorios na súa disciplina, sexa recoñecida pola súa promoción do deporte en Santiago ou organizase un evento deportivo de significada transcendencia e repercusión social. Requisitos para seren candidatas:

- Ter a sede en Santiago de Compostela

- Estar inscrita no rexistro municipal de asociacións

• Adestrador/a máis destacado/a que sobresaíse durante a tempada 2022/23 ou ano 2023, segundo a modalidade deportiva que se considere, polos triunfos, logros ou éxitos do seu club ou do/a deportista ao que adestre. As candidaturas deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos:

- Nacer en Santiago de Compostela

- Adestrar un equipo ou deportista compostelán durante os últimos dous anos

• Árbitro/a xuíz/a máis destacado que sobresaíse durante a tempada 2022/23 ou ano 2023 pola súa traxectoria deportiva e humana no desempeño do seu labor, con independencia da modalidade deportiva da que se trate. As candidaturas deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos:

- Nacer en Santiago de Compostela

- Estar empadroadas no municipio durante os últimos tres anos

• Patrocinio deportivo. Á entidade pública ou privada recoñecida pola súa vinculación, promoción e apoio ao deporte compostelán, sexa de forma directa, patrocinando clubs e deportistas da cidade, ou pola súa colaboración con entidades no desenvolvemento de actos ou eventos deportivos puntuais.

• Actividade ou acción social. Ao club, asociación, persoa física ou entidade pública ou privada que durante o ano 2023 destacase no desenvolvemento de actividades/programas de carácter benéfico, ou favorecese a cohesión social, ou promovese os valores deportivos.

• Deporte adaptado. Ao club, deportista, asociación, persoa física ou entidade pública ou privada que durante o ano 2023 sobresaíse polos méritos deportivos ou pola promoción e fomento do deporte adaptado.

• Entidade educativa. Ao centro de ensino, público ou privado, que se distinguise no ano 2023 por impulsar os valores do deporte no ámbito educativo, tanto internamente como no resto do municipio.

• Honorífico á traxectoria deportiva. Recoñecemento de carácter individual á persoa que destacase pola súa traxectoria en calquera ámbito do deporte compostelán.

 

As candidaturas deberán vir acompañadas dos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do/a candidato
  • Idade
  • Deporte
  • Club ao que pertence
  • CV deportivo
  • Observacións
Lido 148 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 08 Febreiro 2024 12:19