Acabamos de recibir a triste noticia do falecemento do pai do Vicepresidente da FGTM Antonio Castro Montenegro. Dende a FGTM queremos facer chegar o noso pésame e amosar as nosas condolencias a toda a súa familia e amigos e, por suposto, todo o noso apoio ó noso compañeiro de Xunta Directiva nestes difíciles momentos. Descanse en paz.
Lido 312 veces
Modificado por derradeira vez o Venres, 15 Marzo 2024 13:13