Existen dúas categorías:
- Deportista en idade escolar (anos de nacemento 2005 – 2008)
- Deportista que cursou estudos universitarios no curso 2022/23.
Nestes premios valóranse tres aspectos:
1º Currículum académico
2º Currículum deportivo
3º Outros aspectos persoais e vitais
Galicia só pode presentar unha candidatura a cada categoría polo que pedimos aos clubes que presenten, se consideran que teñen a alguén que cumpra cos requisitos, unha candidatura para cada categoría (escolar e universitaria) contestando este correo, antes do día 12 de febreiro ás 12:00.
Para cada candidatura deben enviar os seguintes datos:
Nome e apelidos da persoa proposta: |
|
Data de nacemento: |
|
Modalidade/Especialidade deportiva: |
|
Teléfono (de deportista se é maior de idade ou de titores legais se non o é): |
|
Correo electrónico (de deportista se é maior de idade ou de titores legais se non o é): |
Tamén deberán achegar a seguinte documentación:
- Certificación de estudos oficial do curso 22/23
- Currículum deportivo de carácter nacional e internacional da tempada 22/23.
- Calquera outra circunstancia persoal de interese.