Xoves, 21 Setembro 2023 12:43

OFERTA DE EMPLEO: búscase administrativo para a FGTM

                               
            FGTM 100                


A Federación Galega de Tenis de Mesa busca unha persoa para realizar labores administrativas propias da federación.

Entrar na noticia para máis información.

                               
            FGTM 100                


A Federación Galega de Tenis de Mesa busca unha persoa para realizar labores administrativas propias da federación.

REQUISITOS:

- Buscamos un perfil de profesional multidisciplinar con experiencia no tenis de mesa e/ou no deporte en xeral
- Coñecementos de ofimática (Word, Excel, Power Point, ...)
- Galego a nivel fluído.
- Búscase alguén polivalente, resolutivo e que saiba traballar en equipo, con ganas de aprender e realizar tarefas de administración, contabilidade, atención ó público, ....

Serán valorados, ademais, os seguintes aspectos e requisitos no proceso de selección:

- Experiencia demostrable en postos de xestión en clubs e/ou federacións de tenis de mesa ou outros deportes.
- Coñecementos da actual normativa: Regulamento Xeral RFETM, procedemento de tramitación de licencias, etc...
- Coñecementos de ofimática a nivel avanzado
- Valorarase a disponibilidade para desprazarse puntualmente

CONDICIÓNS DO POSTO:

- Incorporación inmediata.
- Xornada de 15 horas semanais.
- Remuneración segundo taboas salariais do convenio de aplicación.
- Posibilidade de teletraballo

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:

As persoas interesadas deberán enviar o seu Curriculum Vitae á dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Data tope de recepción de candidaturas:  21 de outubro 2023
As candidaturas ás que non se responda no prazo de 15 días, deberán entender desestimada a súa solicitude.

Lido 447 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 21 Setembro 2023 13:08