Venres, 21 Abril 2023 11:42

Xornadas de deporte inclusivo "Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional"

sin fondo XUNTA positivo    

A Xunta de Galcia infórmanos da realización das Xornadas de deporte inclusivo “Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional ”.
obxectivo da xornada é a capacitación do persoal técnico e federativo en actuacións de promoción da igualdade de oportunidades e condicións entre persoas con diversidade funcional no ámbito do deporte, actuacións consideradas estratéxicas para o crecemento do deporte galego, e presentes tamén nas políticas da Administración deportiva autonómica e nos Fondos Europeos (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia). 
A xornada será presencial con 20 horas de duración e se desenvolverá en 4 módulos en horario de 16:30 a 20:30 horas. O enfoque será teórico – práctico, con visualización de contido divulgativo, presentación de proxectos no ámbito da inclusión deportiva, posta en común de casos e resolución de dúbidas. 
Entrar na noticia para mais información.

 

Para inscribirse haberá que enviar un correo electrónico ao mail escolagalegadodeporte@xunta.gal indicando: NOME – VINCULACIÓN COA FEDERACIÓN DEPORTIVA GALEGA – TELÉFONO - E-MAIL DE CONTACTO.
O prazo de inscrición remata o mércores, 26 de abril de 2023 incluído.
Calquera dúbida se atenderá nos teléfonos de contacto seguintes: 881996360 881996362 -881996365 – 881996367.
Lido 446 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 21 Abril 2023 12:16