Venres, 10 Febreiro 2023 22:01

Xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro

As Áreas de TM Adaptado e de Promoción da FGTM traballan xuntas nunha xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro.

As Áreas de Promoción e TM Adaptado da FGTM tiveron o pracer de asistir a pasada semana a unha xornada de convivencia nas instalacións da AD Zas e con membros da Asociación Íntegro. Na mesma, realizouse un adestramento conxunto así como unha charla formativa, dando a coñecer en maior profundidade o tenis de mesa adaptado. Desexamos que este sexa o xerme de novos amigos que segan disfrutando con nós do noso deporte. Gracias a todos pola iniciativa!

Xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro Pincha para ver galería
Lido 318 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24