O prazo para as ligas de 3ª Nacional Masculina e 1ª Galega finaliza o venres 09 de agosto 2024, ás 14:00 h.
O prazo para as ligas de 2ª Galega e 2ª Nacional Feminina finaliza o venres 30 de agosto 2024, ás 14:00 h.
Será requisito imprescindible para a inscrición en competicións na tempada 24/25 ter aportado á FGTM documentación acreditativa da inscrición da composición da Xunta Directiva do club no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia con data no ano 2024, así como de calquera variación posterior da mesma que permita dispoñer de dita información permanentemente actualizada.
Lido 286 veces
Modificado por derradeira vez o Xoves, 18 Xullo 2024 16:15