Os dias 4,5 e 6 de Setembro celebrouse no Polideportivo Los Rosales en Móstoles o Torneo Interterritorial 2026, o primeiro torneo nacional da tempada, que serve de punto de referencia para ver como están os deportistas de cara o inicio das ligas. Nosos atletas tiveron unha concentración previa o dia 3 no pabillón Juanito Amigo en Sigüeiro, para viaxar o dia 4 ata Móstoles. 12 seleccións de 11 Federacións Autonómicas competiron de forma individual e tamén acumulando puntos para a súa selección, nas 5 categorías (Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil) tanto masculinas coma femininas.
Galicia competiu nas seguintes categorias cos resultados:
Resultados Individuais Benxamin Masculino (Jiamin Guo Chen, TM Finisterre): 5º Posto Alevín Masculino (Martiño Ramilo, Mos TM): 12º Posto. Infantil Masculino (Saúl Pallarés, CM San Amaro): 9º Posto. Infantil Feminino (Valeria Piñón, CTM Cidade de Narón): 4º Posto Cadete Masculino (Matias Grabiel Bentancor, TM Monteporreiro): 5º Posto. Cadete Feminino (Teresa Carrasco, Illas Cies TM): 1º Posto. Xuvenil Masculino (Alexander Malov, Oroso TM): 2º Posto. Xuvenil Feminino (Candela Montero, CTM Cidade de Narón): 4º Posto. (Lucía Saura, CTM Cidade de Narón): 9º Posto.
Con 307 puntos no global, a Federación Galega acadou o quinto posto, por detrás das dúas seleccións da anfitriona Madrid, Andalucía e Castilla e León.
Lido 131 veces
Modificado por derradeira vez o Domingo, 06 Setembro 2026 21:19