Xoves, 17 Xullo 2025 16:39

Asignación de grupos Segunda Nacional Masculina

  FGTM 100         

21/07/2025: 
Unha vez rematado o prazo de recepcion de solicitudes para integrarse no Grupo 2 e, non habendo recibido ningunha peticion, seguindo a normativa da RFETM, comunicase que o equipo que formará parte do Grupo 2 de 2a División Nacional Masculina na próxima tempada 25/26 sera o CONXO TM ZOOLANDIA pertencente o club C. CONXO TENIS DE MESA.

 

Segundo o listado de equipos inscritos en ligas nacionais para a tempada 25/26 publicado pola RFETM, son 13 os equipos galegos inscritos na 2 División Nacional Masculina.
Polo tanto, e segundo a distribución de grupos publicada pola RFETM, o Grupo 1 estará formado por 12 equipos galegos. Mentres que 1 equipo deberá integrarse no Grupo 2.
A FGTM abre prazo ata o sábado 19 de Xullo para que os equipos interesados en participar no Grupo 2 así o manifesten enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Se se recibe mais de unha peticion, farase una sorteo para determinar que equipo finalmente ocupa dita plaza.
Enlace noticia da RFETM sobre a categoria segunda nacional masculina para a tempada 25/26

 
Lido 297 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 01 Setembro 2025 12:18