Luns, 14 Agosto 2023 13:32

Equipos Ligas Galegas 2023/2024

FGTM 100                

Os equipos galegos que indicasen a pelota Sanwei ABS HD 3* 40+ como a súa pelota oficial para as ligas 23/24, poden xa recollelas na sede da FGTM (Rua do Deporte 16, 15688 - Oroso), previo aviso de recollida. De igual forma, poden poñerse en contacto Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 636793118 (Nuria Castro) para ver opcións de entrega en man.

Transcurrido o prazo de presentación de composicións alternativas de grupos, Publícase listado definitivo de grupos para as ligas de 3ª División Nacional Masculina, 1ª División Galega e 2ª División Galega. 

- Distribución grupos 3ª División Nacional Masculina
- Distribución grupos 1ª División Galega Masculina
- Distribución grupos 2ª División Galega Masculina

Asimesmo, ábrese prazo adicional e extraordinario, para a presentación de solicitudes de sede de concentración na liga de 2ª División Galega Masculina. Os equipos interesados, poderán enviar as súas solicitudes por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata o próximo venres día 25 de Agosto de 2023 ás 14:00 h tendo en conta que será preciso que o equipo teña disponibilidade de poder instalar un mínimo de 3 campos de xogo.

 



Publícase proposta de distribución de grupos para as ligas de 3ª División Nacional Masculina, 1ª División Galega e 2ª División Galega. Esta distribución é provisional, poderanse enviar composicións alternativas, ata o luns 21 de agosto ás 14:00 horas, sempre que:

- Sexan enviadas por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
- Se faga unha distribución global de toda a categoría, non valen solucións parciais.
- Se respete o número de equipos por grupos da categoría. Esto é: TDM (3 grupos de 10 equipos); PDG (3 grupos de 10 equipos); SDG (2 grupos de 12 equipos e 1 grupo de 13 equipos)

- Proposta distribución grupos 3ª División Nacional Masculina
- Proposta distribución grupos 1ª División Galega Masculina
- Proposta distribución grupos 2ª División Galega Masculina

Publícase listado DEFINITIVO de equipos inscritos para as ligas de 3ª División Nacional Masculina, 1ª División Galega, 2ª División Galega e 2ª División Nacional Feminina para a Tempada 2023/2024.

Ver Listado DEFINITIVO de equipos inscritos. 

 

por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Lido 574 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Agosto 2023 10:33