Luns, 10 Agosto 2015 01:00

I TORNEO CIDADE DE LUGO DE TENIS DE MESA Destacado

Resultados e clasificacións.

 Xogarase con pelota de celuloide da marca JOOLA MAGIC.

Publicados todos os cadros coas súas fases finais.

Algunhas categorías sufriron cambios para adaptalos ás baixas producidas.

Publicado o cadro de xogadores con minusvalidez intelectual, que xogarán o domingo a partir das 16 horas.

O sábado e domingo clasifícanse todos os xogadores para disputar a fase final.

Tanto o sábado coma o domingo a competición dá comezo ás 10 horas.

Tendo en conta a inscrición do torneo organizaranse as seguintes probas:

  1. Benxamín/Alevín/Infantil Femenino.
  2. Benxamín/Alevín/Infantil Masculino.
  3. Xuvenil/Sub 23/Veterano Femenino.
  4. Xuvenil/Sub 23 Masculino.
  5. Veterano Masculino.
  6. Absoluto Masculino.

NOTA ACLARATORIA:
Dentro de cada proba só os xogadores que pertenzan á categoría referente da mesma conservan os puntos do circuito cos que parte na nova normativa. Ós demais faráselles unha media a ditos puntos cos do ranking da liga.
Considérase que a categoría referente é a de maior nivel medio, quedando como se pode ver na seguinte táboa:

PROBA REFERENTE
Benxamín/Alevín/Infantil Femenino Infantil Femenino
Benxamín/Alevín/Infantil Masculino Infantil Masculino
Xuvenil/Sub-23/Veterano Femenino Sub-23 Femenino
Xuvenil/Sub-23 Masculino Sub-23 Masculino
Veterano Masculino Vet +40 Masculino
Absoluto Masculino Sénior Masculino

A proba de Xogadores con Minusvalidez Física non se pode celebrar ao terse inscrito un só xogador.

As 4 xogadoras inscritas no Absoluto Femenino poden participar no Absoluto Masculino, logo de petición ao xuíz-árbitro.

Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968 ou no E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Subida a normativa do I TORNEO CIDADE DE LUGO DE TENIS DE MESA a celebrar os días 8 e 9 de agosto de 2015.

O prazo de inscripción remata o 27 de xullo.

Lido 2385 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 10 Agosto 2015 00:59