- A Xunta Directiva da Federación Galega, á vista das solicitudes recibidas, tomou o acordo de conceder a organización dos distintos campionatos galegos ás entidades e nas datas seguintes:
- Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto e Campionato Galego Benxamín).
- Sociedade Liceo de Noia, 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil e Campionato Galego Sénior).
- TDM Vilalba, 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23).
- Agrupación Deportiva Vincios, 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano).
- Club San Xoán TM, 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín).