18/03/2024: Ante a falta de árbitros suficientes para poder arbitrar en tódalas mesas, a FGTM propón unha enquisa ós clubs participantes para poder organizar o Campionato a gusto de todos:
Opción 1) Grupos de 3-4 xogadores en individual e arbitraran os xogadores do mesmo grupo que non estean xogando nese momento.
Opción 2) Grupos de 4-5 xogadores en individual e xogarase sen árbitro (serán os propios xogadores que estean a disputar o encontro os encargados de pasar os números nos marcadores)
Nas dúas opcións haberá árbitros oficiais encargados de controlar o correcto desenrolo da competición en grupos de 4-5 mesas.
Os clubs poderán realizar o seu voto enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dende o seu email oficial de club, nun plazo non superior a 24 h e indicando no mesto:
1. Nome do Club 2. CIF do Club 3. Opción escollida
Para que o voto sexa válido será preciso que o club conte con algunha inscripción no Campionato e que houbese aboado anteriormente a cuota de inscripción.
As probas de Equipos +40 e +65 non se desputarán por non chegar ó mínimo de inscricións. Dáse de prazo 24 h para, aqueles equipos inscritos na proba de +60, que queiran desputar a proba de +50 o comuniquen por escrito a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Recordamos que ningunha inscrición será definitiva se non se recibe o correspondente xustificante da inscripción nun prazo de 48 h unha vez que se reciban as facturas enviadas por tesoreria
Lido 575 veces
Modificado por derradeira vez o Domingo, 31 Marzo 2024 09:49