Martes, 07 Marzo 2023 20:17

Sedes Campionatos Galegos 2023

logocuadrado

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de organización para o Campionatos Galegos 2023, infórmase das sedes dos mesmos. A Xunta Directiva da FGTM quere agradecer de xeito moi especial ós clubs que presentaron as súas solicitudes de organización, sendo conscientes do esforzo que isto supón para os mesmos. 

  • XXX Campionato Galego Sub23: 6-7 maio 2023. Sede: Club del Mar de San Amaro (A Coruña). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados e auga.
  • XXX Campionato Galego Veterano: 13-14 maio 2023. Sede: Pavillón Campo da Serra (Narón). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados e pelotas de competición.
  • XXXIV Campionato Galego Absoluto Individual e IX Prebenxamín: 17 maio 2023. Sede: Club del Mar de San Amaro (A Coruña). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados e auga.
  • XXV Campionato Galego Benxamín e XXI Adaptado: 20-21 maio 2023. Sede: Pavillón Campo da Serra (Narón). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados, pelotas de competición e auga.
  • XXX Campionato Galego Alevín: 27-28 maio 2023. Sede: Pavillón Campo da Serra (Narón). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados e pelotas de competición.
  • XXXIV Campionato Galego Absoluto por equipos: 3 xuño 2023. Sede: Pavillón Campo da Serra (Narón). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados e pelotas de competición.
  • XXXV Campionato Galego Infantil: 10-11 xuño 2023. Sede: Pavillón Campo da Serra (Narón). Oferta: trofeos e/ou medallas para os 4 primeiros clasificados, pelotas de competición e auga.

 En tódolas sedes haberá un microondas a disposición dos asistentes e de libre uso.

   
Lido 457 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 07 Marzo 2023 20:55