Dirección deportiva

FGTM 100                

 

Publícase formulario de inscrición para adestradores colaboradores coa Dirección Deportiva FGTM para as competicións/actuacións a realizar na tempada 2023/2024. Este formulario permanecerá aberto durante toda a tempada, puidendose inscribir adestradores ó longo da mesma.

Para o Torneo Interterritorial 2023, tomaranse en conta os adestradores que enviaran a súa inscrición antes do 22/08/2023 ás 14:00 h.

Acceder ó Formulario de inscrición para Adestradores colaboradores coa Dirección Deportiva FGTM

 

Otalvaro

A FGTM segue a traballar para dar ó mellor ós seus xogadores. Non descansamos, e acabamos de confirmar unha excelente noticia!! Enmanuel Otálvaro, xogador colombiano u13 que se atopa nos primeiros postos do ranking mundial e foi seleccionado para o Hopes Squad deste 2023, e o seu adestrador Camilo Giraldo, confirman a súa participación na Quenda 4 do Clinic FGTM. Estarán xunto cos xogadores e adestradores, compartindo as súas experiencias e vivencias. 

Sen dúbida, unha oportunidade única para todos os nosos nenos/as que estamos seguros aproveitarán ó máximo!!.

A Dirección Deportiva da FGTM segue a traballar para poder dar máis sorpresas nas seguintes quendas do Clinic FGTM deste verán. Recordade que o prazo de inscrición para as quendas de Agosto remata o próximo 15 de Xullo de 2023.

Modificado por derradeira vez o Venres, 21 Xullo 2023 13:47
Venres, 19 Mai 2023 10:18

Clinic FGTM Verán 2023

Poster Verano 2023web              

Por primeira vez na súa historia a FGTM ofrece un Clinic intensivo de verán para que aqueles xogadores/as que o desexen poidan aumentar o seu nivel de xogo aproveitando ó máximo as vacacións estivais. 

Dende a última semana de xuño, e durante os meses de xullo e agosto, realizaránse quendas de 5 dias (luns a venres) con doble sesión de adestramento diaria, preparación física, adestramento de servicio e restos, e diversas actividades lúdicas no tempo libre.

Mais información no tríptico do Clinic FGTM Verán 2023

Inscricións:

Enlace ó Formulario de inscrición

Límite de inscricións: 15 de Xuño de 2023 para as quendas de Xuño e Xullo e 15 de Xullo de 2023 para as quendas de Agosto.

As prazas otorgaranse por estricto orde de inscrición.

     

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 19 Mai 2023 10:33

Este luns 1 de maio, dia do traballador, o tenis de mesa galego traballou máis que nunca.
Por primeira vez na historia da FGTM, celebráronse 3 concentracións de tecnificación de forma simultánea, e con un gran éxito de participación.
A Concentración de Tecnificación TM Adaptado reuniu un total de 9 xogadres/as tanto de silla como de pé ás ordes do adestrador Samuel Pereiro.
Por outra banda, Judit Cobas, foi a encargada de dirixir a Concentración de Tecnificación Feminina, cun total de 12 xogadoras procedentes de distintos puntos xeográficos de Galicia e dende a categoría infantil ata a veterana.
E por último, a Concentración de Preselección para o Torneo Ibérico, onde 14 dos nosos mellores xogadores/as nados no 2010 ou posterior, adestraron baixo a dirección de Cristofer Santiago e Valeri Malov co obxectivo de prepararse para o próximo Torneo Ibérico que se celebrará no mes de Xuño en Fátima en onde 3 nenos e 3 nenas serán os elixidos para representar a Galicia fronte a otras selección autonómicas españolas e portuguesas.
Agradecer a todos os participantes o bo traballo realizado durante a xornada de hoxe, e especialmente ós Sparrings inscritos: Ihor Zavadskyi, Martín Fernández, Uxio Pamín e Esteban Rodríguez.


01 02 03

 

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 01 Mai 2023 20:38

 

FGTM 100         Publícase Listado de xogadores admitidos para a Concentración de Tecnificación TM Adaptado a celebrar o 1 de Maio de 2023.

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 01 Mai 2023 15:30

 

FGTM 100         Publícase Listado de xogadoras admitidas na Concentración de Tecnificación Feminina a celebrar o 1 de Maio de 2023.

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 25 Abril 2023 14:35

 

FGTM 100         Publícase listado de xogadores/as participantes confirmados da Concentración de Tecnificación de Preselección para o Torneo Ibérico 2023 a celebrar en Oroso o día 1 de Maio de 2023.

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 25 Abril 2023 14:32

Tres Seleccións Galegas xogan a final da súa categoría no Campionato de España Escolar 2023. Excelente papel de tódolos equipos desprazados. A FGTM quere felicitar a tódolos xogadores/as integrantes das 5 seleccións galegas, así como ós seus adestradores polo gran traballo realizado, pero especialmente polo bo espíritu de equipo amosado.

 cdf 3

Cadete feminino  
Medalla de oro al primer lugar. insignia de oro del 1er lugar. medalla de  oro con la imagen del número 1 y una rama de olivo. ilustración | Vector  Premium  Campionas: Sofia Couce, Candela Montero, Laura Forte e Judit Cobas (adestradora)
 
Intantil Masculino
    plata Subcampións: Mateo Lois, Matias Bentancor, Daniel Baena e Valeri Malov (adestrador)
Infantil Feminino
    plata Subcampionas: Jiaqi Guo, Lucia Saura, Emma Alvarez e Diandra Cobelo (adestradora)
Modificado por derradeira vez o Sábado, 08 Abril 2023 17:54
Martes, 14 Febreiro 2023 12:31

Xornada de Promoción do Tenis de Mesa

Publícanse os listados de inscritos na Xornada de Promoción do Tenis de Mesa a celebrar o 22 de Febreiro de 2023.

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24
Martes, 14 Febreiro 2023 12:06

Concentración de Detección de Talentos

Publícanse os listados de inscritos na Concentración de Detección de Talentos a celebrar o 21 de Febreiro de 2023.

Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:24
Páxina 1 de 8