Dirección deportiva
GALICIA, 3ª EQUIPA FEMININA NO TORNEO IBÉRICO EN FERROL Destacado
A SELECCIÓN GALEGA ALEVIN FEMININA, INTEGRADA POLAS FERROLANAS CLAUDIA CANAY E HELENA MARTIN E A PONTEVEDRESA NOELIA SANTIAGO, ACADOU O TERCEIRO LUGAR NO TORNEO IBÉRICO DISPUTADO ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ESTEIRO EN FERROL.
ACOMPAÑARON NO PODIUM ÁS GALEGAS, NO PRIMEIRO LUGAR ANDALUCÍA E NO SEGUNDO VILA REAL B, SENDO CUARTA VILA REAL A
MADEIRA, PORTO E AVEIRO FORON OS TRES PRIMEIROS NA CATEGORÍA MASCULINA, E CUARTA CASTILLA E LEÓN.
A NIVEL INDIVIDUAL DESTACAR O PODERÍO MADEIRENSE, SENDO SO TRES XOGADORES DA SÚA SELECCIÓN MASCULINA OS QUE OCUPARON OS TRES LUGARES DO PODIUM, TIAGO LI, TIAGO PEDRA E ALEXANDRE FARIA. O GALEGO ANDRÉS TORRES ACADOU O SEXTO LUGAR.
NA PROBA INDIVIDUAL FEMININA A MELLOR GALEGA FOI A FERROLANA CLAUDIA CANAY QUE ACADOU O QUINTO LUGAR, SENDO O PODIUM OCUPADO POR CARMEN HENARES DE ANDALUCÍA, MARIA MATOS DE VILA REAL E ANA VERTIZ DE ANDALUCÍA, SENDO CUARTA ANDREA PEREZ DE ANDALUCÍA. NOELIA SANTIAGO FINALIZOU NO SETIMO LUGAR.
PUBLICAMOS OS RESULTADOS COMPLETOS.
PODEDES VER AS FOTOS NO FACEBOOK DA FGTM https://www.facebook.com/FGALEGATENISMESA
XVI TORNEO IBERICO EN FERROL Destacado
CONVOCATORIA TORNEO IBERICO Destacado
AS SELECCIONS GALEGAS ACADAN 4 SUBCAMPIONATOS DE ESPAÑA Destacado
AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL FEMININA (Belén Calvo, Judith Cobas e Diandra Cobelo), CADETE FEMININA (Silvia Alvarez, Laura Fernández e Belén Sañudo) E CADETE MASCULINA (Santiago Otero, Martin Pintos e Uxío Regueiro) ACADARON O SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA CEDENDO UNICAMENTE NAS FINAIS DIANTE DE ANDALUCIA, E MADRID RESPECTIVAMENTE. A SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA (Pedro Fernández, Anxo Iglesias e Andrés Torres) ACADOU O QUINTO LUGAR, QUEDANDO FORA DA LOITA POLOS METAIS EN CUARTOS DIANTE DE CATALUÑA 2-3 LOGO DUN ENCONTRO MARATONIANO DE MAIS DE DUAS HORAS E MEDIA, CON EMOCIÓN E INXUSTIZA FINAL
BELEN CALVO ACADOU TAMÉN O SUBCAMPIONATO INDIVIDUAL, LOGO DE VERSE SUPERADA NOVAMENTE POR ANA GARCIA DE ANDALUCIA.
MARTIN PINTOS EN CADETE ACADOU TAMÉN O BRONCE, AO CEDER EN SEMIFINAIS DIANTE DO MADRILEÑO RODRIGO CANO.
QUEREMOS AMOSAR A NOSA MELLOR CONSIDERACION AOS RAPACES E RAPAZAS QUE FORMARON PARTE DAS SELECCIÓNS GALEGAS, POLO ESFORZO REALIZADO LOGO DE REALIZAR UNHA VIAXE NOCTURNA DE MÁIS DE MIL QUILÓMETROS AO IR E TAMÉN AO REGRESAR, E QUE A PESAR DISO LOGRARON UNS RESULTADOS EXPLENDIDOS.
PODEDES VER AS FOTOS EN FACEBOOK NO ENLACE www.facebook.com/FGALEGATENISMESA
CONVOCATORIA SELECCIÓNS CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL E CADETE Destacado
A SELECCIÓN GALEGA SUB21, SEGUNDA CLASIFICADA EN POVOA DE VARZIM Destacado
A SELECCIÓN GALEGA SUB21, FORMADA POR MARCOS SANMARTIN, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ, RUBEN GARCIA E MARTIN PINTOS, ACADOU O SEGUNDO LUGAR NA MODALIDADE DE EQUIPOS, SENDO OS MELLORES QUE FINALIZARON EN CUARTOS, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ E MARTIN PINTOS.
NA PROBA ABSOLUTA MASCULINA O MELLOR RESULTADO FOI O DE RUBEN GARCÍA, ÚNICO EN CHEGAR AOS OITAVOS DE FINAL, SENDO ELIMINADO POR UN GRANDE XOGADOR COMO IVO SILVA.
E NA FEMININA A NOSA ÚNICA REPRESENTANTE, RAQUEL BONILLA, FIXO O MELLOR EN GRUPOS VENCENDO Á NUMERO 1 PORTUGUESA, LEILA OLIVEIRA, PASANDO PRIMEIRA DE GRUPO, PASANDO FACIL EN OITAVOS, E NOS CUARTOS DE FINAL, FOI DERROTADA CONTRA PROGNÓSTICO POR JOANA MOTA, LOGO DE IR VENCENDO 2-0 (9-5), E A PORTUGUESA FOI QUEN DE DARLLE A VOLTA AO MARCADOR
CONVOCATORIA TORNEO INTERNACIONAL POVOA DE VARZIM Destacado
TECNIFICACION EN PONTEVEDRA Destacado
Publicase circular número 8 sobre tecnificación a desenvolver o 2 e 3 de xaneiro en Pontevedra.
OS XOGADORES E XOGADORAS CONVOCADOS, TEÑEN QUE ESTAR O DÍA 2 ÁS 10 HORAS, E O REMATE SERÁ O DÍA 3 ÁS 18,30 HORAS.
GALICIA TIVO AMPLIA PRESENZA NO OPEN DE PORTUGAL Destacado
Os combinados galegos, fixeron un papel digno dentro dos combinados españois participantes no OPEN DE PORTUGAL, do circuito ITTF, disputado a pasada fin de semana en Vila Nova de Gaia.
As cadetes foron sextas (Belén Sañudo e Laura Fernández) e oitavas (Belén Calvo e Judith Cobas) respectivamente e os junior masculino (Rubén García, Martin Regueiro e Santiago Otero), décimos, nun evento con presencia de paises como Francia, Luxemburgo, Holanda, Inglaterra,...
Os cadetes (Martin Pintos e Pedro Fernández) tiveron chance de facer un mellor torneo, pero finalmente, en partidos longos, cederon a posibilidade de loitar polos postos de honra. Anxo Iglesias formaba noutro equipo con Gonzalo Herranz e Saleta no equipo B junior feminino.
A nivel individual, Rubén García, Martin Regueiro, Martin Pintos, Belén Calvo, Laura Fernández, Belén Sañudo, meteronse nos cadros finais, o resto xogou cadro de consolación, sendo o mellor resultado o de Judith Cobas, que xogou e perdeu a final coa portuguesa Raquel Martins.
CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN EN NARÓN Destacado
Más...
DESMENTIDO TECNIFICACIÓN EN LUGO
GALICIA PARTICIPARÁ NO PRO-TOUR ITTF DE PORTUGAL Destacado
NO DÍA DE HOXE SAIU A COMPOSICIÓN DE EQUIPOS PARA PARTICIPAR NO OPEN DE PORTUGAL, A DISPUTAR EN VILA NOVA DE GAIA.
IMPORTANTE, OS SELECCIONADOS DEBEN ESPERAR AS INSTRUCCIÓNS QUE ENVIAREMOS POR MAIL, SOBRE INGRESO NA CONTA DA GALEGA, E ASI FARIAMOS O INGRESO CONXUNTO, ASÍ COMO A CONFIRMACIÓN DE PARTICIPACIÓN.
ESTAMOS NEGOCIANDO A POSIBILIDADE DE CHEGAR O VENRES POLA MAÑÁ, O QUE SAE MAIS BARATO AO PAGAR SÓ DUAS NOITES DE HOTEL, ASÍ COMO PLANIFICANDO A VIAXE.
ENTRE HOXE Á NOITE E MAÑÁ POLA MAÑÁ ENVIAREMOS MAIL CON INFORMACIÓN AOS CLUBS E FAMILIARES DOS CONVOCADOS.
EQUIPOS
CADETE MASCULINO C
MARTIN PINTOS (AD Vincios)
PEDRO FERNANDEZ (Mercantil Vigo)
ANXO IGLESIAS(AD Vincios)
CADETE FEMININO B
BELEN CALVO (Arteal)
JUDITH COBAS (Arteal)
CADETE FEMININO D
BELEN SAÑUDO (Cidade Narón)
LAURA FERNÁNDEZ (Arteal)
JUNIOR MASCULINO E
RUBEN GARCIA (San Xoan TM)
MARTIN REGUEIRO (Cambados TM)
SANTIAGO OTERO (Cidade de Narón)
JUNIOR FEMININO A
LAURA RAMIREZ
LYDIA ARCOS
BELEN HENARES
SALETA LOPEZ (Oroso TM)
REMATE PRAZO INSCRICIÓN NO PROGRAMA ESCOLAR "XOGADE" Destacado
AVISO IMPORTANTE A TODOLOS DIRECTIVOS DE CLUBS, COLEXIOS, E ENTIDADES QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA DEPORTIVO "XOGADE" DA SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE.
Por se alguén non ten coñecimento do prazo de inscrición, avisamos que mañá venres día 15 ás 24 horas finaliza o prazo de inscrición de equipos e xogadores e xogadoras.
Informar ademáis que co motivo de recorte orzamentario, só se disputará a competición até os campionatos provinciais.
Os campionatos galegos infantil e cadete na modalidade de equipos disputarase segundo se indique na modificación do calendario, que se publicará en vindeiras datas.
A SELECCIÓN GALEGA 3ª NO INTERTERRITORIAL DE LINARES Destacado
Uxío Regueiro 1º (Oroso), Diego Varela 2º (Club do Mar) e Rubén García 3º(San Xoan), os tres podiums individuais
Salientar que a pesar do forte calor, unha vez máis os rapaces e rapazas derono todo para acadar éste bo resultado, dada a dificultade de poder vencer aos anfitrións, que levan un lustro vencendo nas categorias inferiores.
Ademáis resaltar que os debutantes, Diego Varela, Luisa Pintos e Claudia Canay, xogaron como se levaran varias convocatorias, non lles tremeu a man a ningún momento, o que nos congratula vendo que temos futuro.
Uxío Regueiro, demostrou non ter rival desta volta, cun bo e regular xogo, subindo ao máis alto do podium.
Tamén resaltar o bo nivel en xuvenil, onde Rubén García, fixo un xogo moi regular, que o levou ao terceiro lugar do podium, logo de facer uns moi bos partidos cos seus compañeiros de caixón, os andaluces Dragos Antimir e Carlos Caballero, xogadores de División de Honra.
Podedes consultar os resultados no arquivo que se achega.
CONVOCATORIA TORNEO INTERTERRITORIAL Destacado
INFORMACIÓN FINAL CAMPAMENTO DE VERAN EN SAN XOAN (FERROL) Destacado
Listaxe DEFINITIVA:
-Laura Fernández (Arteal TM)
-Ignacio Pena (Dez Portas TM)
-Pedro Fernández (Mercantil Vigo)
-Samuel Fernández (Dez Portas TM)
-Lucía Graña (AD Vincios)
-Simón Casal (AD Vincios)
-Antón Martin (Cidade de Narón)
-Diandra Cobelo (Cidade de Narón)
-Alvaro Prego (Cidade de Narón)
-Martin Pintos (AD Vincios)
-Borja Canay (Cidade de Narón)
-Claudia Canay (Cidade de Narón)
-Estela Holgado (Cidade de Narón)
-Vito Castello (Dez Portas)
-Javier Diz (Club do Mar)
SE DETECTADES CALQUERA ERRO NA LISTAXE DE INSCRICIÓN, COMUNICADE CO 616011951
OS PREZOS DE PARTICIPACIÓN SON:
Participantes con cea, pernocta, almorzo, adestramentos, comida e ocio....................60 €
Participantes en adestramentos, comida e ocio.........................................................35 €
Os ingresos faranse na conta bancaria da FGTM no Banco Caixa Geral co número 0130-3007-70-0108038102
HAI QUE ENVIAR POR MAIL COPIA DO XUSTIFICANTE DE INGRESO AO MAIL Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O CAMPAMENTO LEVARASE A CABO DO LUNS 26 ÁS 10 HORAS ATÉ O VENRES 30 AS 18 HORAS.
MATERIAL NECESARIO: Saco de durmir, almofadiña (opcional), material de hixiene e aseo, toalla de baño, chanclas, zapatillas deportivas de adestramento, e de paseo, e a suficiente roupa para adestrar os 5 dias, roupa de vestir para un día, toalla de praia e CREMA SOLAR
Diñeiro, a criterio das familias, por se queren comprar algunha bebida, xelado, snack,..., E COMO ESTAMOS NA SEMANA DE FESTAS DE FERROL, POIS QUEREMOS LEVALOS UN DÍA, QUE HAI ACTUACIÓNS DE TARDE PARA ELES, E ATRACCIÓNS.
I M P O R T A N T E:
NO CASO DE HABER NENOS OU NENAS CON ALERXIAS, SOBRE TODO ALIMENTICIAS, DEBEN INDICALO, ASI COMO SE ESTAN A TOMAR ALGÚN TIPO DE MEDICAMENTO.
CALENDARIO 2013-14 E CRITERIOS CIRCUITO Destacado
Publicase o calendario aprobado na asemblea da FGTM celebrada o pasado martes 30 de xullo en Compostela.
IMPORTANTE PARA INSCRICIÓNS DO CIRCUITO GALEGO DE TORNEOS:
Ao estar a proceder a facer un cambio no modelo de ranking, É OBRIGATORIO QUE TODALAS INSCRICIÓNS PARA OS TORNEOS DE VERÁN, INCLUAN O NÚMERO DE LICENZA E A DATA DE NACEMENTO, xa que SEN ESES DATOS, NON SE INCLUIRAN NA RELACIÓN DE INSCRICIÓN DE CADA COMPETICIÓN.
CAMPAMENTO DE VERÁN EN SAN XOÁN Destacado
Comunican-nos do club San Xoán, colaborador na organización do Campamento de Verán da FGTM, que o mesmo vai ter que demorarse até a última semana de agosto, debido a obras de renovación do comedor do colexio San Xoán, que utilizamos para as comidas do mesmo.
Para a previsión de gastos da actividade e coa fin de poder facer un cálculo do que tería que poñer cada participante:
- Todolos interesados deben facer unha pre-inscrición, por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando:
- nome e aplelidos, número de licenza, club, data de nacemento e teléfonos de contacto.
- Ata o 29 de xullo
AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIS, LAURA E MARTIN REGUEIRO, BRONCE EN BADAJOZ Destacado
As seleccións infantis cumpriron os prognósticos de finalizar no podium, e así Santi Otero, Pedro Fernández e Jorge Larrondo en masculino e Belén Calvo, Silvia Álvarez e Judith Cobas en feminino, lograron sendos bronces en equipos.
A nível individual, Laura Fernández e Martin Regueiro foron quen tamén de lograr subir ao terceiro caixón do podium, despois dunha magnfífica actuación nesta proba, resarcindose da regular actuación na fase de equipos, que acompañados por Belén Sañudo e Lucía Graña na feminina e Santi Prieto e Martin Pintos na masculina, lograron un quinto e un sétimo posto respectivamente.
Seguen a demostrar que poden e deben estar entre os mellores a nivel estatal.