Mércores, 26 Setembro 2012 01:47

A SELECCION GALEGA 3ª NO INTERTERRITORIAL DE ALMAGRO

A Selección Galega, acadou o terceiro posto a un punto de Madríd 2ª, e a 5 de Andalucía 1ª, destacando a nivel individual o 1º posto en infantil masculino de Santi Prieto, e os 2º de Pedro Fernández, Belén Calvo e Daniela Carreño.

O aspecto negativo foi a lesión de Belén Sañudo que lle impediu competir o sábado pola tarde e o domingo pola mañá, non podendo seguir contribuindo a un mellor resultado global da selección, xa que unha victoria máis significaria o empate con Madrid o que nos daría o 2º posto por mellores resultados de podium que os madrileños.

Darlle as grazas a todolos rapaces e rapazas polo esforzo e deportividade demostrados.

Lido 3444 veces