Luns, 20 Febreiro 2012 19:40

A SELECCION GALEGA ALEVIN E SANTI OTERO CAMPIONS IBERICOS

A Selección Galega alevín masculina e Santi Otero, CAMPIÓNS do TORNEIO IBÉRICO disputado esta fin de semana en Grijó (Vila Nova de Gaia) no pais veciño, Portugal, ademais Pedro Fernández SUBCAMPION, e completaba a selección masculina Miguel Anxo Rodriguez que remataba a participación individual en 1/4, diante do seu compañeiro Santi Otero.

Selección Galega alevín feminina formada por Belén Calvo, Lucía Graña e Judith Cobas 3ª CLASIFICADA,a nivel individual as tres chegaron a 1/4, pero o sorteo deparoulles coincidir en 1/4 coas que ao final foron as tres primeiras clasificadas, Alexandra Pisco e as andaluzas Marta e Yolanda, en partidos disputados e igualados.

 

A directiva da Federación Galega, congratulase, felicita ás futuras promesas e aos seus clubes animandoos a seguir esta liña de traballo

O combinado formado polo proprio Santi Otero, Miguel Anxo Rodriguez e Pedro Fernández, demostraron o seu nivel, diante de seleccións como Andalucia, Porto, Vila Real, e vencendo por un contundente 3-0 a final diante da selección de Castilla e León que conta con xogadores de nivel como Rafael Saez.

Achegamos unhas fotos da delegación galega participante e da cerimonia de entrega de trofeos.

Lido 1902 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Agosto 2012 17:47

Galería de imágenes