– Obxecto: subvención de proxectos que inclúan actividades de animación socio deportiva, habilitando servizos de coidados profesionais e fomentando, á vez que a práctica deportiva, á adquisición de hábitos de vida saudable a través da mesma e que fomenten á vez a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, dos perfís profesionais recollidos na orde.
– Período de desenvolvemento das actuacións subvencionables: entre o 15 de xullo e o 15 de novembro de 2024.
– Financiaranse os gastos ocasionados con motivo da habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e a mocidade de ata 16 anos inclusive, a través do desenvolvemento dos seus respectivos programas deportivos, para mellorar a vida cotiá das familias e favorecendo a conciliación do tempo laboral, familiar e persoal.
– Mínimos por grupo:
mínimo de 8 participantes
mínimo de 3 días á semana de actividade , cunha hora de actividade ao día
mínimo de 2 semanas (1 quincena)
– Contía máxima por beneficiario: máximo de 1.660 €/grupo/mes de actividade (prorratearase no caso de non ser o mes completo).
– Período subvencionable: Actividade realizada do 15 de xullo a o 15 de novembro (4 meses)- Xustificación de facturas e pagamentos con cargo bancario no mesmo periodo.
Os clubs interesados en colaborar no desenvolvemento deste plan de corresponsables, coordinado pola FGTM, deberán enviar unha memoria da actividade a realizar cun proxecto de implementación e desenvolvemento de acordo ás bases anteriores e onde se recolla claramente :
Nome da Actividade
Obxectivo
Nome do presidente/a ou persoa responsable do desenvolvemento
correo electrónico
DETALLE DOS GRUPOS DE CADA ACTIVIDADE
Nº de Grupo
Data de inicio e remate
Nº de quincenas
Nº de dias por semana :
Número de horas á semana:
Horario diario:
Localidade onde se realizará a acividade:
Concello onde se realizará a actividade:
Instalación onde se realizará a actividade:
Nº de alumnos do grupo:
Rango de idades:
Número de novas contratacións de Persoal técnico responsable (imprescindible que cumpra o perfil profesional requerido e teña a titulación requirida no artigo 10.1)
Tipo de contrato que se realizará e xornada.
Descrición da actuación a desenvolver (desarrollar o plan de actividades do grupo, xogos,… e como se desenvolverán)
Orzamento detallado e Memoria económica detallada de cada gasto previsto. Os salarios deben separar os custes, salario, IRPF, SS da empresa e SS do traballador. Só se pode destinar o 10% do gasto en cada grupo e mes a gastos xerais.
Prazo de presentación de proxectos , que se dirixirán a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , estará aberto ata o próximo luns, día 24 de xuño. A FGTM evaluará os proxectos presentados e deciderá, segundo a súa viabilidade, presentación e calidade aqueles que inclúe na presentación da súa solicitude.