Luns, 21 Abril 2014 00:00

21/04/2014 - XXII CAMPIONATO GALEGO VETERANO E VII CAMPIONATO GALEGO CADETE Destacado

Resultados e clasificacións dos Campionatos Galegos Cadetes e Veteranos

 


 

Producíronse os seguintes cambios nos cadros publicados:
En Equipos Veteranos de 50 anos se dió de baixa o equipo do Helios Bembrive, polo que o Salnés pasa á seguinte eliminatoria.
En Cadete Masculino se dió de baixa o xogador Borja Canay integrante do Grupo 7 de Individual Masculino, polo que ocupa o seu lugar o primeiro xogador reserva, Rubén Moure de Cambados, nas probas de individual, dobres masculinos e dobres mixtos.
En Veteranos 40 anos causou baixa o xogador Antonio González integrante do grupo 2, que pasa de 5 a 4 xogadores, polo que se adiantan os partidos dese grupo.
Por último pasan eliminatoria no dobre feminino, as xogadoras María Pena e Lara Gonzále ao darse de baixa Valentina Estévez.

Publícanse novos cadros e másters, coas correccións mencionadas, polo que se recomenda que se revisen detidamente, pois cambiaron moitos horarios e mesas.

 Despois do sorteo efectuado o sábado publícanse os cadros xa cubertos, a excepción dos cadros finais individuais que se sortearán á finalización das probas dos grupos respectivos.
Aconséllase revisar todos os cadros en canto a composición de grupos, eliminatorias, horarios e mesas, pois a partir das 22 horas do luns se publicarán os cadros definitivos e xa non se efectuarán cambios, a non ser, para cubrir as baixas que se poidan producir nas probas onde existan reservas.

Ao terse producido algunha baixa e, para que, algúns grupos non quedasen con 3 xogadores, é polo que, se baixaron a 7 grupos a proba de individual veteranos de 50 anos (4 de 4 e 3 de 5 xogadores).
Tamén sufriron variacións nos horarios e as mesas as probas de individual 40 anos, individual 50 anos e individual veterano feminino.

Cadros e másters provisionais.

Listados definitivos de tódalas probas.

Os equipos e xogadores reservas cubrirán as baixas que se puidesen producir ata a data de celebración dos campionatos.

O sorteo de todas as probas (a excepción dos cadros finais individuais), celebraranse o sábado ás 16:00 horas no local do Club Narón.

Das probas de grupos clasifícanse os dous primeiros de cada grupo, a excepción do individual veterano feminino que se clasifican as catro primeiras de cada grupo.

Equipos cadetes femininos - reserva 1: TDM Vilalba e reserva 2: TM Monrte Porreiro "B".

Individual cadete masculino - reserva 1: Rubén Moure (Cambados TM), e reserva 2: Manuel Monterroso (Liceo de Noia)

Individual cadete feminino - reserva 1: Valentina Estévez (Vincios), reserva 2: Alicia Casal (Monte Porreiro), reserva 3: Inés Quintana (Monte Porreiro)

Listados definitivos individuais por club e tamén por proba, e listados definitivos de equipos e dobres, todos eles por ránking.

Ante o elevado número de cambios realizados aconséllase revisar todas as inscricións realizadas, en previsión de posibles erros de interpretación ou transcrición. Por todo elo, ábrese un novo prazo ata o venres ás 14, 00 horas para corrixilos, para o cal, teñen que poñerse en contacto con Antonio Lasén (Xuíz-Árbitro) no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Cartel do campionato.

Circular do XXII CAMPIONATO GALEGO VETERANO E VII CAMPIONATO GALEGO CADETE a celebrar os días 19 e 20 de abril en Oroso.

 O sábado celebraranse as probas de equipos cadetes e os individuais, dobres e mixtos veteranos.

O domingo celebraranse as probas de equipos veteranos o os individuais, dobres e mixtos cadetes.

Lido 2081 veces Modificado por derradeira vez o Domingo, 04 Mai 2014 15:40