XuntaLogo100x239
×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 68
JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 64

Novas da FGTM (54)

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos facer chegar a nosa felicitación aos equipos do CTM Cidade de Narón, Oroso TM e A.D. Vincios polo ascenso a División de Honra Feminina logrado este fin de semana, pero tampouco podemos esquecernos doutros grandes resultados, algúns históricos, como o 2º posto na liga de Super División Masculina logrado polo equipo do Arteal, ou os tres primeiros lugares da liga de División de Honra Masculina conseguidos polos equipos do Liceo Casino de Vilagarcía, Cambados e Oroso, sen que se nos esquece o primeiro lugar do Arteal en 1ª División Masculina, Oroso e Cidade de Narón en 2ª División Masculina, todo iso demostra a mellora do nivel galego e o grande traballo que están a realizar os clubs, a pesar dos momentos de penuria polos que estamos a atravesar, na que é, a mellor tempada de toda a historia dos clubs galegos, tanto polo número de equipos participantes, como polos resultados acadados.

HOXE REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O TORNEO ABERTO INTERNACIONAL DO CONCELLO DE GONDOMAR, QUE SE DISPUTA O 22 E 23 DE SETEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE GONDOMAR (PONTEVEDRA).

OS CLUBS GALEGOS PODEDES FACER AS VOSAS INSCRICIÓNS A TRAVÉS DOS FORMULARIOS DA WEB.

OS CLUBES INTERNACIONAIS, OU DO RESTO DE ESPAÑA, A TRAVÉS DO MAIL: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

EN AMBOS CASOS DEBEDES INDICAR SEMPRE O NÚMERO DE LICENZA E DATA DE NACEMENTO DE CADA ATLETA A INSCRIBIR.

NOTA: OS PARTIDOS DO "OPEN B" NON SON PUNTUABLES PARA O RANKING

Normativas do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Tenis de Mesa e Memorial Lolita Reyes.

A directiva da FGTM, congratulase dos ascensos de MONTE PORREIRO e CEIBE DE MONFORTE, á Primeira Nacional Masculina, que acompañan a GRUPO BARROS-CAMBADOS E SAN XOAN TM.

O SAN XOAN TM, tamén ascende á Segunda Nacional Masculina, logo de renuncias, ao estar de 1º reserva de todo o estado.

Parabéns a todos.

Notas de Francisco Monroy Rico Delegado en Galicia da Asociación Española de Xogadores Veteranos de Tenis de Mesa.

 

Domingo, 14 Outubro 2012

III TORNEO SAN FROILÁN

Escrito por
En arquivo adxunto se poden consultar os resultados finais do III Torneo San Froilán.
Páxina 3 de 4