Novas da FGTM

Mércores, 24 Xaneiro 2024 11:50

Solicitudes sede Campionatos Galegos 2024

FGTM 100          

 

Ábrese prazo de envio de solicitudes para ser sede dos Campionatos Galegos 2024. Os clubs interesados deberán enviar as súas propostas utilizando o seguinte formulario: 

FORMULARIO DE SOLICUTUDE DE ORGANIZACIÓN DE CAMPIONATOS GALEGOS 2024

O prazo de solicitudes remata:

  • 18 de Febreiro de 2024 ás 14:00 h para os Campionatos a celebrar en Marzo 2024
  • 7 de Abril de 2024 ás 14:00 h para os Campioatos a celebrar en Maio - Xuño 2024

 

Calendario de competicións da tempada 23/24 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 24 Xaneiro 2024 11:58
FGTM 100

 

Publícase información correspondente os premios do deporte da Diputación de A Coruña do ano 2023.
Estes galardóns buscan distinguir publicamente a deportistas e entidades da provincia de A Coruña que destaquen pola súa traxectoria, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva.
O prazo para poder presentar candidaturas está aberto dende o día 10 de xaneiro ata o 31 de xaneiro, onde se poden presentar todas as persoas físicas ou xurídicas. 

BOP_Premios.pdf

Modificado por derradeira vez o Venres, 12 Xaneiro 2024 19:01
FGTM 100

 

A Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca está en marcha un ano máis para elixir ao mellor e á mellor do 2023 na categoría absoluta e tamén na promesa (Sub-19).

A FGTM admitirá propostas para o mellor deportista, masculino ou feminino de tenis de mesa durante o ano 2023 ou mellor promesa, masculina ou feminina de tenis de mesa.

As propostas deberán vis acompañadas do impreso adxunto debidamente cuberto.

O prazo de propostas remata o 10 de Febreiro ás 14:00 h.

Modificado por derradeira vez o Venres, 12 Xaneiro 2024 18:19

 

Centos de xogadores pasarán por Pontevedra da man do tenis de mesa ao longo desta semana. O pavillón multiusos da Xunqueira de Pontevedra acollerá tres eventos de enorme relevancia, como son o Europa Trophy, as Previas ós Galegos Infantís e o Preestatal Pontevedra 2023, entre o 6 e o 10 de decembro. 

Nestes próximos días Pontevedra será o epicentro do tenis de mesa en Galicia grazas a tres citas que achegarán até a cidade a preto de medio millar de deportistas.
A primeira das citas, que se celebrará os días 6 e 7 de decembro, é a Europa Trophy. O evento internacional preséntase como unha competición na que están clasificados cinco equipos españois da Superdivisión, entre eles dous galegos: o Arteal Tm e o MontePorreiro TM.
Case de xeito simultáneo, celebraranse as previas ó Campionato Galego infantil Individual. Competición novedosa desta tempada que reunirá algúns dos mellores xogadores/as galegos da categoría. Desputarase o día 6 de decembro en sesión de tarde.
O día 8 de decembro iniciarase o Torneo Preestatal, na que chegarán competidores desde Aragón, Navarra, La Rioja, País Vasco, Asturias e Galicia. Buscarán obter tamén a súa clasificación para a seguinte fase da competición.
«Teremos a preto de 500 xogadores e xogadoras de todas as categorías, dispostos a dar a súa mellor cara co obxectivo de xogar o Torneo Estatal que se celebrará en Tarragona», explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. «Teremos catro días de deporte en Pontevedra, con unha boa representación galega e pontevedresa. Haberá un retorno económico evidente, ao ter que pernoctar aquí e só podo agradecerlle ao servizo de deportes a súa implicación e traballo, ademais do esforzo do propio club de Monte Porreiro e da Federación Galega de Tenis de Mesa, representada pola súa presidenta Nuria Castro».
O adestrador do Monte Porreiro, Nando Álvarez, agradeceu a aposta do Concello de Pontevedra polo tenis de mesa e as competicións deportivas, agradecendo tamén á Federación Galega decisión de escolleren Pontevedra para organizar un evento «tan importante como é o torneo Preestatal».
Por último, Nuria Castro explicou que na Federación estaban moi orgullosos de poder facer en Pontevedra o nomeado torneo. «Somos unha directiva nova, esta é a nosa primeira competición importante e cremos que está nas mellores mans», indicou. «Monte Porreiro é unha garantía, teñen experiencia e gana de traballar e só podemos agardar que todo vaia ben e que os galegos teñan sorte para clasificarse».

5320328a 67c3 49fa b6c0 ba98b7e93023

 

Martes, 28 Novembro 2023 11:18

Resumen Normativa Campionatos Galegos

                                   
                FGTM 100                

Ante as consultas recibidas, publicamos resúmen da normativa dos campionatos galegos 23/24. Recomendamos a lectura completa da normativa, e do apartado de cada Campionato en particular onde se detallan con máis detalle a normativa de cada un.

  • Campionato Galego Adaptado: inscrición libre
  • Campionato Galego Absoluto:
    1) Equipos masculino: 8 equipos
    2) Equipos feminino: 8 equipos
    3) Individual masculino: 32 xogadores
    4) Individual feminino: 32 xogadoras
    5) Dobres masculino: 16 parellas
    6) Dobres feminino: 16 parellas
    7) Dobres mixtos: 32 parellas
  • Campionato Galego Veterano: inscricion libre
  • Liga Galega de Edades/Campionatos Galegos por Equipos de idades (prebenxamín a sub23)
    1) Liga de Idades: inscripción libre
    2) Campionato Galego de Equipos: 6 equipos clasificados na liga de Idades
  • Campionatos Galegos Individuais (prebenxamin a sub23)
    1) Previas ós Campionatos Galegos Individuais (prebenxamin a sub23): inscrición libre
    2) Campionatos Galegos Individuais (prebenxamin a sub23): 16 mellores do ranking

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 28 Novembro 2023 11:42
FGTM 100


Publícase a continuación información sobre o Seguro de Accidentes Deportivos para a tempada 23/24: Federación Galega de Tenis de Mesa e Xogade 

Modificado por derradeira vez o Xoves, 09 Novembro 2023 18:01
Venres, 27 Outubro 2023 10:18

Xornadas de Promoción 1 de Novembro

FGTM 100

A FGTM segue a axudar ós clubs para facer medrar a súa masa social e promocionar o tenis de mesa. Segunda xornada de esta tempada, tras o éxito da anterior na que máis de 90 novos xogadores/as se iniciaron no noso deporte. 

AD Zas, Oroso TM e CTM Mos serán os clubs que traballarán este vindeiro mércores para que o Tenis de Mesa sexa máis grande. A FGTM quere agradecer ás tres entidades o seu esforzo e traballo. Seguiremos propoñendo novas medidas de apoio ós clubs e fomento do tenis de mesa. 

 AD Zas Cartel 2  CTM Mos Cartel  231101 Xornada Promocion FGTM
     
Modificado por derradeira vez o Venres, 27 Outubro 2023 10:30
Luns, 23 Outubro 2023 18:56

Necrolóxica: falece Jaime Pérez

lazo negro


Acabamos de recibir a triste noticia do falecemento de Jaime Pérez Fernández compañeiro dende hai moitos anos do noso amado deporte e marido de Yolanda García, tamén xogadora. Dende a FGTM queremos facer chegar o noso pésame e amosar as nosas condolencias a toda a súa familia e amigos nestes difíciles momentos. Descanse en paz.

Modificado por derradeira vez o Martes, 24 Outubro 2023 13:22
               
      FGTM 100      


A FGTM segue a intentar mellorar e ofrecer máis ventaxas ós seus afiliados e nesta semana ben de incorporar un novo sistema de notificación de asignacións arbitrais mediante avisos por email. Se xa os clubs galegos podían comprobar qué árbitros lles asignaban cada xornada na súa Folla de Club de Google Drive, a FGTM da un novo paso e agora serán os árbitros os que reciban nos seus emails o aviso dos encontros que lle son asignados. 

               
FGTM 100

A FGTM segue a tentar axudar ós clubs galegos na media das súas posibilidades. Por iso, pon a disposición dos clubs interesados a posibilidade de uso da residencia oficial FGTM para actividades propias: realización de concentracións, adestramentos, cursos de formación, etc....

Mais información no corpo da noticia. 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 18 Outubro 2023 11:28
Páxina 1 de 4