XuntaLogo100x239
Xoves, 13 Agosto 2015

REUNIÓN DE CLUBS PARTICIPANTES NO PROGRAMA XOGADE Destacado

Escrito por 
Valora este artigo
(0 votos)
A Federación Galega solicitará no mes de setembro unha reunión coa Secretaría Xeral para o Deporte, para tratar sobre a problemática do Deporte Escolar e as súas posibles solucións. Por iso, convocamos unha reunión con todos os clubs participantes no Programa XOGADE da Xunta, interesados en achegar ideas e solucións, co fin de poder levar á mencionada reunión unhas propostas o máis consensuadas posible.
A reunión terá lugar o luns 17 de agosto ás 18:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, sito na rúa Cultura, nº1, en Sigüeiro - Oroso (ao lado do Concello).
Lido 1540 veces