Xoves, 30 Xullo 2015 15:45

INAUGURACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CLUB ZONA

O mércores 29 a FGTM foi invitada por parte da Academia Galega de Tenis, ATG, á inauguración das novas instalacións do Club Zona no municipio de Arteixo, en representación da federación foi Francisco Monroy, así como os representantes das federacións de tenis, pádel e squash ademais da concelleira de deportes do concello de Arteixo.

Ensinaron as novas instalacións onde se poderá xogar aos deportes mencionados, así como a nova pista de tenis cuberta que estará preparada para poder facer torneos de tenis de mesa pois conta cunha superficie importante onde dar cabida a moitas mesas. Tamén explicaron todos os novos proxectos onde se intentará darlle máis importancia aos nenos como deporte de base intentando potenciar as escolas.

Lido 2067 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 03 Agosto 2015 19:08

Galería de imágenes