Venres, 05 Febreiro 2016 11:26

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para conceder as primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado na provincia de Pontevedra no ano 2016.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, tanto na sede de Pontevedra como na de Vigo .

Lido 757 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 05 Febreiro 2016 11:37