Martes, 03 Novembro 2015 12:09

DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)

Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Documentación que deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  2. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
  3. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  4. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
  5. As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
    • Secretaría xeral para o Deporte
    • Urbanización La Rosaleda
    • Rúa Ourense, 6
    • 15781, Santiago de Compostela

Xuntamos a:

  1. Normativa reguladora do procedemento
  2. Modelo de solicitude
  3. Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
Lido 829 veces