Secretaría (37)

AVISO CHEGADO POR CORREO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Mércores, 20 Xullo 2016 13:16

CALENDARIO DE ACTIVIDADES Destacado

Calendario de Actividades da Federación Galega de Tenis de Mesa para a Tempada 2016/2017.
Modificado por derradeira vez o Mércores, 20 Xullo 2016 13:22
En ficheiro adxunto convócase Asemblea Xeral Ordinaria e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa o día 5 de xullo de 2016 en Santiago.
Modificado por derradeira vez o Luns, 06 Xuño 2016 22:31
Venres, 05 Febreiro 2016 11:26

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para conceder as primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado na provincia de Pontevedra no ano 2016.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, tanto na sede de Pontevedra como na de Vigo .

Modificado por derradeira vez o Venres, 05 Febreiro 2016 11:37
Luns, 01 Febreiro 2016 18:23

COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA

Subido o arquivo co acordo do Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva, lembrando, a todas as asociacións deportivas galegas e persoas que organicen ou acudan a acontecementos deportivos, que a introdución de bebidas alcohólicas, tabaco, etc., considérase como INFRACCIÓN MOI GRAVE, así como non ter contratado un seguro que cubra os accidentes deportivos dos participantes.
Modificado por derradeira vez o Luns, 01 Febreiro 2016 18:34
Modificado por derradeira vez o Venres, 27 Novembro 2015 11:23
Martes, 03 Novembro 2015 12:09

DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)

Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Documentación que deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  2. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
  3. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  4. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
  5. As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
    • Secretaría xeral para o Deporte
    • Urbanización La Rosaleda
    • Rúa Ourense, 6
    • 15781, Santiago de Compostela

Xuntamos a:

  1. Normativa reguladora do procedemento
  2. Modelo de solicitude
  3. Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
Martes, 27 Outubro 2015 20:21

SUVENCIÓNS A CLUBES DA XUNTA DE GALICIA

Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.
Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.
O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/
Mércores, 16 Setembro 2015 15:09

INTERTERRITORIAL CANTABRIA 2015 Destacado

Galicia 2ª no Interterritorial celebrado en Cantabria, por detrás de Andalucía por tan só un punto.

Modificado por derradeira vez o Domingo, 27 Setembro 2015 14:00
Xoves, 27 Agosto 2015 19:12

NOMEAMENTO DE ANTONIO J. DIZ

Antonio Diz incorpórase ao organigrama da Federación Galega, despois da conversación mantida no día de hoxe con José LCabaleiro como Presidente. Formará parte, xunto con Rodrigo ÁlvarezFernando Montero e Daniel Sánchez de la Comisión de ranking, ligas, campionatos e web. Dende a Xunta Directiva dámoslle a benvida, desexándolle os maiores éxitos, que redunden en beneficio do tenis de mesa galego.
Modificado por derradeira vez o Xoves, 27 Agosto 2015 19:29
Páxina 1 de 2