XuntaLogo100x239
Xoves, 03 Marzo 2016

Elaborado o ranking de ligas Destacado

Escrito por 
Valora este artigo
(2 votos)

Despois dun laborioso traballo, desde hoxe xa se pode consultar na web da FGTM o ranking de todas as ligas galegas e estatais. Nel pódense facer ordenacións por calquera columna, así como ver de forma sinxela os resultados de calquer xogador ou equipo, e as actas dos encontros.

Ranking ligas 

Para coñecer cómo se fai o cálculo do ranking de ligas, pódese consultar a normativa adxunta, que tamén se publicou antes do comezo dos torneos de verán. De forma resumida, para cada categoría faise un cálculo dun coeficiente (que será un valor de 0-100) que permite clasificar ós xogadores dentro da mesma. A partir deste dato calcúlase o ranking de liga, que tamén terá en conta o nivel da categoría.

Este ranking de ligas formará parte do ranking do circuito galego facendo unha media cos resultados dos torneos, segundo se detalla na nova normativa publicada a principio da tempada 2015-16.

Lido 586 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 03 Marzo 2016