XuntaLogo100x239
Xoves, 24 Xullo 2014

LISTADOS PROVISIONAIS DAS LIGAS DE 3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA, 1ª E 2ª DIVISIÓN GALEGA Destacado

Escrito por 
Valora este artigo
(0 votos)

 O formulario de preincripción dos equipos nas distintas ligas tense que enviar a Antonio Lasén - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - antes das 20:00 horas do 20 de xullo de 2014.

3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

Liga regular a dobre volta.

24 equipos participantes (como máximo), divididos en 2 grupos de 11 a 13 equipos, por proximidade xeográfica.

1ª DIVISIÓN GALEGA

Liga regular a dobre volta.

36 equipos participantes (como máximo), divididos en 3 grupos de 11 a 13 equipos, por proximidade xeográfica.

2ª DIVISIÓN GALEGA

Liga regular a dobre volta.

De inscrición libre, na que os equipos participantes se dividirán en grupos de 8 a 12 equipos, por proximidade xeográfica.

NORMAS BÁSICAS

Tódolos encontros das ligas galegas deberán ter árbitro designado.

Nos encontros de 3ª División Nacional Masculina e 1ª División Galega os árbitros deben exercer a súa labor co uniforme oficial.

O equipo local entregará ao árbitro, en concepto de Dietas de Arbitraxe, a cantidade que corresponda.

Os locais de xogo onde se celebren os encontros deberán ter un área mínima de 9 metros de largo, 5 de ancho e 3 de alto, sen obstáculos, con chan uniforme e delimitada en todo o seu contorno por valos.

Os clubes deberán dispor nos locais de xogo do seguinte:

·    Mesa de xogo, en condicións regulamentarias, de calquera das marcas oficiais ITTF para ligas nacionais.

·    Mesa e cadeira para o árbitro.

·    Bancos ou cadeiras, para cada un dos equipos.

·    Seis pelotas novas.

·    Un marcador.

·    Actas oficiais.

Lido 1331 veces Modificado por derradeira vez o Sábado, 03 Xaneiro 2015