XuntaLogo100x239
Xoves, 03 Marzo 2016

Elaborado o ranking de ligas Destacado

Escrito por

Despois dun laborioso traballo, desde hoxe xa se pode consultar na web da FGTM o ranking de todas as ligas galegas e estatais. Nel pódense facer ordenacións por calquera columna, así como ver de forma sinxela os resultados de calquer xogador ou equipo, e as actas dos encontros.

Ranking ligas 

Para coñecer cómo se fai o cálculo do ranking de ligas, pódese consultar a normativa adxunta, que tamén se publicou antes do comezo dos torneos de verán. De forma resumida, para cada categoría faise un cálculo dun coeficiente (que será un valor de 0-100) que permite clasificar ós xogadores dentro da mesma. A partir deste dato calcúlase o ranking de liga, que tamén terá en conta o nivel da categoría.

Este ranking de ligas formará parte do ranking do circuito galego facendo unha media cos resultados dos torneos, segundo se detalla na nova normativa publicada a principio da tempada 2015-16.

Resultados e clasificacións do torneo cos puntos logrados en cada proba.

 

Mércores, 11 Novembro 2015

III Festa do Tenis de Mesa de Oroso

Escrito por
Por petición do Club Oroso subimos un arquivo coa normativa da III FESTA DO TENIS DE MESA DE OROSO.
Venres, 04 Setembro 2015

X TORNEO FIESTAS MILAGROSA 2015

Escrito por

A petición do Club Milagrosa, como organizador do X TORNEO FESTAS MILAGROSA 2015, informamos de que se celebrará o día 6 de setembro de 9 a 14 horas no Pavillón de Frigsa.

O teléfono de contacto para inscricións é: 670414474.

En arquivo adxunto está subido o cartel do torneo.

Páxina 3 de 8