Imprimir esta página
Domingo, 07 Agosto 2016 00:10

II TORNEO CIDADE DE LUGO Destacado

Resultados do torneo coas puntuacións individuais.

Lémbrase a todos os xogadores inscritos que non disputaron o torneo, ou que, non se presentaron pola tarde, que teñen que presentar a correspondente xustificación para que non se lles desconte ningún punto do ranking.

 

 

Publicados os grupos da Fase Final que se disputará da seguinte maneira:

Os primeiros de cada grupo xogarán nun grupo de cinco xogadores para dirimir os postos un ao cinco, os segundos de cada grupo para os postos seis ao dez e así sucesivamente.

Ao producirse unha baixa nos segundos de grupo da 1ª Categoría e para racionalizar o mellor posible toda a competición, fíxose o seguinte:

  1. Deixar todos os grupos con 5 xogadores.
  2. Ao fallar un dos segundos cabeza de serie colleuse o primeiro terceiro cabeza de serie e substituíuse polo que faltou.
  3. O terceiro cabeza de serie cambiado, substituíuse polo primeiro cuarto cabeza de serie.
  4. Por último cambiáronse varios xogadores de grupo para corrixir que non se enfrontasen, no posible, con outros xogadores do seu mesmo club, etc.

A partir deste momento e como todos os grupos están igualados xa non se efectuarán máis cambios.

Os xogadores substituídos están remarcados en vermello.

O novo pavillón de xogo está situado no anexo do Pazo Provincial de deportes, na Avenida Filarmónica s/n - Lugo (motivado por problemas de utilización do anterior pavillón seleccionado).

Pelota de xogo: Joola de celuloide.

Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Bases do II TORNEO CIDADE DE LUGO.

O prazo de incrición finaliza as 22 horas do 26 de xullo de 2016.

Lido 2816 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 08 Agosto 2016 14:07