XuntaLogo100x239
Luns, 09 Mai 2016

XXIX CAMPIONATO GALEGO INFANTIL Destacado

Escrito por 
Valora este artigo
(1 Votar)

Subidos os resultados e clasificacións do XXIX Campionato Galego Infantil celebrado os días 7 e 8 de maio en Gondomar

IMG 20160507 WA0001 1IMG 20160507 WA0002

 

 

Clasifícanse para a fase final os catro primeiros clasificados das probas de infantil feminino, veterano feminino, veterano 40, 50, 60 e 65 anos.

En infantil masculino clasifícanse os tres primeiros.

Lémbrase que nas probas de dobres participan 16 parellas por proba.
Entran todas as parellas inscritas fóra de veteranos 50 e infantil masculino, en que por superarse esas cifras, o resto quedarán como reservas. 

Despois de detectarse un erro nas listaxes subidas á páxina, correspondentes ao campionato galego veterano, aclaramos que os xogadores Serafín e Enrique Barreiro teñen licenza polo Club Cambados.

Este extremo pódese comprobar entrando na listaxe de xogadores do Cambados en División de Honra Masculina.
Como todas as tempadas sempre hai algún xogador que cambia de club e non se rectifica na listaxe dos ránking.

26/04/2016 - Salvo erro de transcrición, subidos os listados DEFINITIVOS POR RÁNKING de equipos, dobres e individuais dos campionatos galegos infantís e veteranos.

Dáse de prazo ata as 14 horas do luns 25 de abril para corrixir os posibles erros que se puidesen producir, para o que teñen que poñerse en contacto con Antonio Lasén no teléfono: 677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

No individual infantil masculino os postos 41 ao 45 quedan como reservas para cubrir posibles baixas.

No resto de probas entran todos os inscritos, de momento.

19/04/2016 - Hostal Paz - (habitación dobre 30 €)

Páxina web: www.hostalpaz.es - reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - teléfono: 986 360 057 - dirección: rúa Fontán, 1

17/04/2016 - Oferta de aloxamento no Hotel O Cristaleiro (habitación dobre: 25 € - habitación individual: 18 €).

Páxina web: http://www.hotelcristaleiro.es/ - teléfono: 986 369 095 - dirección: rúa Manuel Losada, 8

Publicada a Circular nº 9 referente ós Campionatos Galegos Veterano e Infantil a celebrar en Gondomar os días 7 e 8 de maio de 2016.

O prazo de inscrición remata ás 14 horas do 22 de abril.

Pelota de xogo: gewo 40+ *** plástico.

Lido 1920 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 09 Mai 2016
Máis nesta categoría: « XXVI CAMPIONATO GALEGO INFANTIL