Rodrigo Álvarez

Rodrigo Álvarez

Publicado un cambio importante no ranking do circuito galego. A partir de agora vaise levar un ranking único no que se xuntan todas as categorías por idade.

Este ranking unificado será oficial a partir deste momento, e nel pódense ver tanto a posición global comparada co resto de xogadores galegos, como a correspondente á súa categoría. Ademáis, pódense establecer filtros que inclúan máis dunha categoría, para facer unha estimación da posición que lle correspondería a un xogador no caso de participar noutra categoría que non sexa a que lle corresponde por idade/xénero.

Ranking unificado

Todos os detalles publicaranse a continuación como anexos á normativa orixinal.

Se alguén detecta que falta algún xogador ou algún erro nos datos, pode comunicalo a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Despois dun laborioso traballo, desde hoxe xa se pode consultar na web da FGTM o ranking de todas as ligas galegas e estatais. Nel pódense facer ordenacións por calquera columna, así como ver de forma sinxela os resultados de calquer xogador ou equipo, e as actas dos encontros.

Ranking ligas 

Para coñecer cómo se fai o cálculo do ranking de ligas, pódese consultar a normativa adxunta, que tamén se publicou antes do comezo dos torneos de verán. De forma resumida, para cada categoría faise un cálculo dun coeficiente (que será un valor de 0-100) que permite clasificar ós xogadores dentro da mesma. A partir deste dato calcúlase o ranking de liga, que tamén terá en conta o nivel da categoría.

Este ranking de ligas formará parte do ranking do circuito galego facendo unha media cos resultados dos torneos, segundo se detalla na nova normativa publicada a principio da tempada 2015-16.

PASOS A SEGUIR EN CASO DE ACCIDENTE

NOTA: La información completa se encuentra disponible en la web de la RFETM
  1. El accidente deberá ser comunicado en un plazo máximo de 7 días a las plataformas de asistencia de Allianz.
  2. Se procederá a la apertura del expediente correspondiente.
  3. Tras analizar el expediente por parte de la aseguradora se le dará respuesta al federado y autorización de asistencia si fuera objeto de cobertura.

DESCARGAR PROTOCOLO COMPLETO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACCIDENTE DEPORTIVO

Páxina 11 de 11