Luns, 20 Mai 2013 00:28

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE XOGADORES VETERANOS DE TENIS DE MESA Destacado

Notas de Francisco Monroy Rico Delegado en Galicia da Asociación Española de Xogadores Veteranos de Tenis de Mesa.

 

 

Agradezo a todos os clubs fagades chegar aos vosos veteranos esta información animándoos a facerse socios da Asociación de Xogadores Veteranos de Tenis de Mesa e aproveito para informarvos de que no ano 2016 se xogará o Campionato do Mundo eAlicante e Elche.
Os que desexen facerse socios ou queiran calquera información que se poñan en contacto con Francisco Monroy (Curro) nos correos que van a continuación, igualmente o que queira facerse socio que cubra a folla de inscrición e a envíe a un destes dous correos.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Do 30 de abril ao 5 de maio xogáronse en Almería os campionatos de España de veteranos con boa participación dos xogadores galegos e destacamos a continuación os resultados dos que lograron traer algún trofeo para Galicia.
En individual feminino de + de 50 Beatriz Ceide do C. TMCoruñaconseguiu a medalla de bronce.
En individual masculino de + de 70 Manuel Martínez Prieto logrou o subcampionato e Elías Ramos o terceiro posto, ambos os dous xogadores da RS. D. Hípica.
En individual masculino de + de 75 Enrique Fernández do Vincios medalla de bronce.
En dobres feminino Conchi López e Isabel Rodríguez do C.T.MCoruña conseguiron o terceiro posto.
En dobres masculino de + de 50 Juanjo Miguélez do C.T.MCoruña facendo parella co catalán Jaume Jofre logran o subcampionato.
En dobres masculino de + de 60 Quico González do C.T.MCoruña facendo parella co catalán Ricard Palau conseguen quedar campións de España.
Parabén a estes e a todos os participantes galegos nestes campionatos.

Lido 1252 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 20 Mai 2013 00:50