Xogarase con pelota de celuloide da marca JOOLA MAGIC.
Publicados todos os cadros coas súas fases finais.
Algunhas categorías sufriron cambios para adaptalos ás baixas producidas.
Publicado o cadro de xogadores con minusvalidez intelectual, que xogarán o domingo a partir das 16 horas.
O sábado e domingo clasifícanse todos os xogadores para disputar a fase final.
Tanto o sábado coma o domingo a competición dá comezo ás 10 horas.
Tendo en conta a inscrición do torneo organizaranse as seguintes probas:
- Benxamín/Alevín/Infantil Femenino.
- Benxamín/Alevín/Infantil Masculino.
- Xuvenil/Sub 23/Veterano Femenino.
- Xuvenil/Sub 23 Masculino.
- Veterano Masculino.
- Absoluto Masculino.
NOTA ACLARATORIA:
Dentro de cada proba só os xogadores que pertenzan á categoría referente da mesma conservan os puntos do circuito cos que parte na nova normativa. Ós demais faráselles unha media a ditos puntos cos do ranking da liga.
Considérase que a categoría referente é a de maior nivel medio, quedando como se pode ver na seguinte táboa:
PROBA
REFERENTE
Benxamín/Alevín/Infantil Femenino
Infantil Femenino
Benxamín/Alevín/Infantil Masculino
Infantil Masculino
Xuvenil/Sub-23/Veterano Femenino
Sub-23 Femenino
Xuvenil/Sub-23 Masculino
Sub-23 Masculino
Veterano Masculino
Vet +40 Masculino
Absoluto Masculino
Sénior Masculino
A proba de Xogadores con Minusvalidez Física non se pode celebrar ao terse inscrito un só xogador.
As 4 xogadoras inscritas no Absoluto Femenino poden participar no Absoluto Masculino, logo de petición ao xuíz-árbitro.
Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968 ou no E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Subida a normativa do I TORNEO CIDADE DE LUGO DE TENIS DE MESA a celebrar os días 8 e 9 de agosto de 2015.
O prazo de inscripción remata o 27 de xullo.