Luns, 09 Xuño 2014 16:07

GALICIA, 3ª EQUIPA FEMININA NO TORNEO IBÉRICO EN FERROL Destacado

A SELECCIÓN GALEGA ALEVIN FEMININA, INTEGRADA POLAS FERROLANAS CLAUDIA CANAY E HELENA MARTIN E A PONTEVEDRESA NOELIA SANTIAGO, ACADOU O TERCEIRO LUGAR NO TORNEO IBÉRICO DISPUTADO ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ESTEIRO EN FERROL.

ACOMPAÑARON NO PODIUM ÁS GALEGAS, NO PRIMEIRO LUGAR ANDALUCÍA E NO SEGUNDO VILA REAL B, SENDO CUARTA VILA REAL A

MADEIRA, PORTO E AVEIRO FORON OS TRES PRIMEIROS NA CATEGORÍA MASCULINA, E CUARTA CASTILLA E LEÓN.

A NIVEL INDIVIDUAL DESTACAR O PODERÍO MADEIRENSE, SENDO SO TRES XOGADORES DA SÚA SELECCIÓN MASCULINA OS QUE OCUPARON OS TRES LUGARES DO PODIUM, TIAGO LI, TIAGO PEDRA E ALEXANDRE FARIA. O GALEGO ANDRÉS TORRES ACADOU O SEXTO LUGAR.

NA PROBA INDIVIDUAL FEMININA A MELLOR GALEGA FOI A FERROLANA CLAUDIA CANAY QUE ACADOU O QUINTO LUGAR, SENDO O PODIUM OCUPADO POR CARMEN HENARES DE ANDALUCÍA, MARIA MATOS DE VILA REAL E ANA VERTIZ DE ANDALUCÍA, SENDO CUARTA ANDREA PEREZ DE ANDALUCÍA. NOELIA SANTIAGO FINALIZOU NO SETIMO LUGAR.

PUBLICAMOS OS RESULTADOS COMPLETOS.

PODEDES VER AS FOTOS NO FACEBOOK DA FGTM https://www.facebook.com/FGALEGATENISMESA

Lido 5761 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 10 Xuño 2014 13:43