Martes, 06 Mai 2014 00:24

AS SELECCIONS GALEGAS ACADAN 4 SUBCAMPIONATOS DE ESPAÑA Destacado

AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL FEMININA (Belén Calvo, Judith Cobas e Diandra Cobelo), CADETE FEMININA (Silvia Alvarez, Laura Fernández e Belén Sañudo) E CADETE MASCULINA (Santiago Otero, Martin Pintos e Uxío Regueiro) ACADARON O SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA CEDENDO UNICAMENTE NAS FINAIS DIANTE DE ANDALUCIA, E MADRID RESPECTIVAMENTE. A SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA (Pedro Fernández, Anxo Iglesias e Andrés Torres) ACADOU O QUINTO LUGAR, QUEDANDO FORA DA LOITA POLOS METAIS EN CUARTOS DIANTE DE CATALUÑA 2-3 LOGO DUN ENCONTRO MARATONIANO DE MAIS DE DUAS HORAS E MEDIA, CON EMOCIÓN E INXUSTIZA FINAL

BELEN CALVO ACADOU TAMÉN O SUBCAMPIONATO INDIVIDUAL, LOGO DE VERSE SUPERADA NOVAMENTE POR ANA GARCIA DE ANDALUCIA.

MARTIN PINTOS EN CADETE ACADOU TAMÉN O BRONCE, AO CEDER EN SEMIFINAIS DIANTE DO MADRILEÑO RODRIGO CANO.

QUEREMOS AMOSAR A NOSA MELLOR CONSIDERACION AOS RAPACES E RAPAZAS QUE FORMARON PARTE DAS SELECCIÓNS GALEGAS, POLO ESFORZO REALIZADO LOGO DE REALIZAR UNHA VIAXE NOCTURNA DE MÁIS DE MIL QUILÓMETROS AO IR E TAMÉN AO REGRESAR, E QUE A PESAR DISO LOGRARON UNS RESULTADOS EXPLENDIDOS.

PODEDES VER AS FOTOS EN FACEBOOK NO ENLACE www.facebook.com/FGALEGATENISMESA

 

Lido 5314 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Mai 2014 00:54